18.9 C
Santa Comba
lunes, septiembre 30, 2024

O BNG critica a actitude morna da Xunta con respecto a Ferroatlántica

//O BNG apoia ao Comité de empresa de Ferroatlántica e pide a comparecencia de dos conselleiros// Ana Pontón pide que se eviten os movementos especulativos// Compromiso por Galicia tamén apoia as demandas dos traballadores//

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou en Cee que vai solicitar a comparecencia dos conselleiros de Industria e Medio Ambiente para que expliquen a posición da Xunta “para evitar movementos especulativos de compravenda das minicentrais e, non menos importante, impedir que haxa ningún tipo de segregación entre a actividade industrial de Ferroatlántica e a explotación eléctrica do Xallas”.

Ana Pontón e o deputado Xosé Luís Rivas “Mini” transmitiron o seu apoio ao Comité de empresa de Ferroatlántica.“Desde o BNG compartimos a preocupación dos e das traballadoras por tres razóns, porque pon en risco a viabilidade e futuro do emprego, porque desde o punto de vista  legal a segregación das minicentrais da actividade industrial  de Ferroatlántica non é posíbel, son unha unidade indivisible e, en terceiro lugar, porque implicaría unha burla que se especule con concesións públicas de recursos naturais que son de todos” asegurou Ana Pontón.

O BNG critica a actitude “morna” do goberno galego ante as informacións publicadas nos medios e advirten que neste asunto “non pode haber medias tintas”. Pontón Mondelo considera “incomprensible a posición tan morna que está a manter a Xunta ante as informacións que avanzan unha posible especulación con operacións de compravenda das concesións que, mesmo podería ser un paso previo á segregación  de Ferroatlántica”.

Compromiso por Galicia tamén apoia as reivindicacións dos traballadores

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, tamén expresou o seu apoio ós traballadores e pediu “que se escoite e se atenda ao Comité de empresa, porque non é lóxico o silencio da dirección do Grupo Villar Mir” e tamén demandou da Xunta que contacte cos representantes da empresa para coñecer os seus plans e  fiscalice a posible venda.

“Unha vez máis, os recursos naturais galegos son pasto da avaricia e caen en mans alleas, sen dar garantías de ningún tipo” manifestou o líder de Compromiso por Galicia.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos