5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

A CIG denuncia despedimentos en EXOGA

A federación de construción e madeira (FCM) da Confederación Intersindical Galega(CIG) difundiu un comunicado de prensa no que informa que a construtora Excavaciones y Obras Públicas Galicia SL (EXOGA) “procedeu esta semana ao despedimento disciplinario de parte do seu cadro de persoal e a abrir expediente disciplinario ao delegado de persoal”. Desde o sindicato aseguran que a empresa “leva anos pagando os soldos con atraso” e que “adebeda tres nóminas aos empregados”.

A CIG dou conta desta situación aos representantes institucionais da Deputación provincial da Coruña e de concellos como Ribeira, Carnota, Vilasantar, Lousame ou Santa Comba, onde EXOGA ten a maioría das contratacións.Tamén aseguran que que existen “incumprimentos dos contratos e das normativas ambientais”. Opinan que o ERE temporal ao que se acolleu a empresa “só serviu, como se acaba de comprobar, para dilatar o problema, agravado agora pola persecución contra o delegado de persoal, a quen a dirección lle abriu expediente disciplinario como represalia por poñer en coñecemento da Inspección do Traballo e da opinión pública a situación desesperada que están a vivir os traballadores e as súas familias”.

O sindicalista Mario Maceiras non aforrou críticas contra a dirección da empresa:” É dramático que uns traballadores cunha ampla e intachábel traxectoria profesional teñan problemas para cobrar a fin de mes, mentres que a dirección da empresa si está a cobrar as obras realizadas ao día».Desde a federación de construción e madeira da CIG aseguran que a empresa cobrou recentemente 45.000 euros da Deputación coruñesa por unhas obras “pero destes cartos os traballadores non viron un só céntimo”.

Foto- Web CIG

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos