9.6 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

O concello da Laracha aproba a conta xeral e reforza áreas de gasto

No Pleno ordinario celebrado hoxe, a Corporación Municipal da Laracha acordou aprobar a conta xeral do exercicio económico 2015, que se pechou na cifra de 8.387.000 euros, o que supón un incremento próximo ao dezanove por cento con respecto á magnitude inicialmente orzamentada (7.053.000 euros). O remanente líquido de tesourería supera o millón e medio de euros.

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, salientou que preto do trinta por cento dese gasto total foi destinado a investimentos reais “nun momento de crise económica no que os municipios contan con menos ingresos e que, no caso da Laracha, houbo que facer fronte a un importante volume de mantementos pola cantidade de instalacións e infraestruturas públicas existentes”. O rexedor municipal tamén destacou que a conta xeral “superou todos os trámites e períodos de exposición pública sen que se presentasen alegacións”.

Por outra banda, e xa centrados nos orzamentos en vigor, foi aprobada a transferencia de crédito 11/2016 entre aplicacións de diferentes áreas de gasto e por un importe de 36.235,80 euros, que permitirá reforzar varias partidas relacionadas cos servizos sociais, cultura e mantementos en instalacións e infraestruturas de titularidade municipal. López Varela explicou que 10.000 euros desta transferencia serán destinados ao financiamento do servizo de axuda no fogar.

Por unanimidade foi autorizada a modificación da base número 20 do orzamento xeral municipal vixente, trámite necesario para formalizar a concesión dunha subvención nominativa por un importe de 7.000 euros ao Club Baloncesto Laracha coa finalidade de que esta entidade xestione no próximo curso as Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto. O alcalde quixo destacar o bo funcionamento das escolas e a súa especial importancia no promoción do deporte masculino e feminino, xa que o ano pasado case a metade das 105 fichas que manexou a entidade correspondían a nenas.

Tamén houbo unanimidade na aprobación dunha addenda ao convenio marco de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, que xa fora aprobada no pasado mes de abril coa finalidade de dotar ao punto limpo da Laracha do equipamento preciso para a recollida e clasificación dese tipo de material.

Por último, deuse conta á Corporación das 169 resolucións de Alcaldía ditaminadas entre o 26 de xullo e o 25 de setembro. José Manuel López Varela afirmou que este importante volume se debe aos procedementos de contratación de persoal e de obras realizados no verán e aproveitou para “agradecer o labor dos traballadores municipais durante o principal período vacacional do ano”.

 

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos