16.3 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Licitan a construción dunha senda peonil en Castriz

A área de Vías e Obras da Deputación da Coruña licita por 188.954,62 euros as obras de construción dunha senda peonil da estrada DP- 2904, entre o punto quilométrico 11+460 e o 12+185, no municipio de Santa Comba.Esta nova actuación axudará completar o proxecto de mellora da seguridade vial nunha estrada na que a Deputación ven de adxudicar as obras de mellora do firme no tramo que discorre entre os puntos quilométricos 15+800 e 20+240, cun investimento de 248.156,52 euros.

A senda peonil realizarase  de xeito paralelo á estrada DP 2904, Coristanco- Santa Comba, na súa marxe esquerda, entre o camiño de acceso á fervenza de Castriz e o comezo das beirarúas xa existentes do núcleo do mesmo nome.Construirase a senda sobreelevada cun bordo de formigón cun ancho de dous metros, o saneo nunha profundidade variable entre 86 e 81 centímetros, recheo cun espesor de 70 centímetros e pavimentación da calzada. O ancho da senda podería variar puntualmente coa fin de evitar afeccións aos propietarios das parcelas lindantes.

 
Previamente, procederase ao desbroce e á limpeza de beiravías e cunetas de ambas marxes da calzada. Para o drenaxe das augas pluviais, contémplase a construción dunha rede de tubaría de formigón, que discorrerán baixo a senda peonil. Para a captación das augas colocaranse sumidoiros cada 25 metros. A mesma distancia para a colocación dos pozos de rexistro.Estas obras complétanse coa construción nese tramo dun muro de escollera cunha altura de 1,7 metros. Implantarase tamén unha varanda de aceiro e substituiranse as actuais en ambas marxes.

A esta actuación engádese ademais a execución de dous tramos de cuneta revestida de formigón na marxe dereita da estrada así como a sinalización horizontal e vertical e peches de parcelas que resulten afectadas pola realización das obras.O prazo de execución dos traballos é de catro meses. As empresas interesadas en participar na licitación poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 24 de outubro no Rexistro Xeral da Deputación.

Noticia-Fonte- Deputación da Coruña

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos