7.5 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Dous concelleiros deixan Independentes por Cee

//Descártase unha moción de censura// Discrepancias internas causan a marcha de dous concelleiros de IxCee//

Está por confirmar se se trata dun toque de atención ou unha ruptura definitiva. O que queda fora de toda dúbida é o malestar que hai no goberno dos Independentes por Cee, ata o punto de que dous concelleiros  decidiran pasarse ao grupo dos non adscritos ainda que segundo informa El Correo Gallego coa intención de seguir no goberno de Ramón Vigo.

O primeiro teniente de alcalde e fiel colaborador de Ramón Vigo Sambade desde o inicios de Independentes por Cee, Juan Bautista Areas Lestón, e a concelleira de cultura, Yolanda García Leal tomaron a decisión de abandonar o partido froito das discrepancias coa concelleira Pilar Iglesias.Esta circunstancia destapou a sombra dunha moción de censura, que é a todas luces inviable, pola propia lei antitransfuguismo, e porque varios dos posibles actores implicados xa aseguraron que non participarían nunha acción dese tipo.

Se non hai sorpresas, e a falta de ver como quedara o goberno, o mapa político do concello de Cee segue complicándose. O Partido Popular mantense con catro concelleiros, IxCee quedaría con tres, e Ciudadanos, BNG e PSOE continúan cun representante cada un. O PSOE sufriu a perda dunha acta xa que o edil Modesto Rivas pasouse aos non adscritos, un grupo no que tamén estarán Areas Lestón e García Leal. Agora hai que saber se dentro ou fora do goberno de Ramón Vigo que incrementa a súa debilidade no pleno.

Foto-Adiante Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos