5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

En marcha o obradoiro de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose Rodríguez, e o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco, participaron no acto de inauguración do obradoiro de emprego “Posta en Valor dos Núcleos Rurais no entorno do Camiño de Santiago nos Concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría” no que participan os tres concellos. Polo concello de Dumbría asistiu o técnico Tomás Freire.Tamén interveu a directora do obradoiro, Ana Belén Piñeiro.

AdianteTV

O obradoiro conta coa participación de 20 alumnos traballadores que recibirán formación durante seis meses, nos módulos de “operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización” e de “atención sociosanitaria a persoas dependentes”.

Con este obradoiro realizaranse varios proxectos como a mellora da área de lecer da Pontenova, das fontes públicas de Cumbráns e Pidre e do lugar de Fornís, no concello de Mazaricos. En Santa Comba, traballarase no acondicionamento do centro de formación ocupacional de Santa Comba e en pavimentacións na Avenida de Santiago.Nos tres concellos tamén se impulsarán actividades de atención sociosanitaria en institucións sociais.

O concello de Santa Comba licita obras por valor de 800.000 euros

O concello de Santa Comba anunciou a licitación de varias obras que suman un importe duns 805.000 euros, incluída no Plan de Acción Social da Deputación provincial.

Unha das actuacións é a pavimentación de vías na parroquia de Freixeiro, nos núcleos de Portocarreiro, A Illa, Freixeiro e Vilarnovo. Invístense uns 218.000 euros, dos cales o concello achega 45.000 euros. Empregarase aglomerado de cinco centímetros de espesor desde a estrada de Santiago ata o núcleo da Illa. No resto das vías realizarse un rego superficial e de selado.

A segunda actuación é a rehabilitación da piscina municipal climatizada e do pavillón polideportivo que conta cun orzamento de 165.000 euros e consistirá en melloras e ampliación do ximnasio, unha conexión cuberta entre os dous edificios e a instalación de caucho na pista do pavillón, o pintado interior e a construción dun vestiario novo.Outro dos proxectos é o do abastecemento de auga a zona norte da parroquia da Pereira, 235.000 euros, e a mellora da Casa da Cultura, cun 187.000 euros de investimento.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos