10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Rey Varela reuniuse coa alcaldesa de Santa Comba

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose Rodríguez, mantivo un encontro co conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Varela, no que trasladou ao mandatario autonómico as necesidades do concello en materia social.

Segundo fontes municipais, María Pose Rodríguez presentou “un proxecto de aproveitamento do edificio de servizos sociais, a lavandería, o comedor sobre rodas así como a mellora das instalación da gardería infantil” que se quere realizar con axuda da Xunta. En breve técnicos da consellería visitarán Santa Comba para estudar posibles actuacións.

Nesta xuntanza tamén estivo presente a concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Esther Espasandín Turnes.“O diálogo entre as diferentes administracións é vital para garantir unha mellora da calidade de vida dos galegos e galegas a través das políticas sociais” asegurou o conselleiro Rey Varela que enmarcou esta xuntanza na rolda de entrevistas que está mantendo con distintos rexedores de Galicia.

Desde a consellería de Política Social abren a porta a “explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais “ no concello xalleiro. Acceder á nota completa da Xunta neste enlace.

Verán Lúdico

Noutra orde de cousas o concello xalleiro continúa coa celebración do Verán Lúdico no que participan 45 nenos e nenas. Fai uns días realizaban unha visita ás instalacións do parque de bombeiros comarcal situado en Santa Comba.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos