4200 fans     1342 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez

O concello da Laracha aposta pola eficiencia enerxética

O concello da Laracha aposta pola eficiencia enerxética

Costa da Morte | Publicada: 26/08/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
3
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 27 segundos.

Un proxecto valorado en 170.000 euros que permitirá un aforro importante// Modificación do PXOM para o plan histórico-cultural municipal// Iniciativa de voluntariado xuvenil//

José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, e Francisco Cancelo Fernández, representante da empresa multinacional Elecnor S.A., asinaron os contratos para a implantación de caldeiras de biomasa nos complexo deportivos da piscina e do campo de fútbol Municipal e pavillón da Laracha. Este trámite faise despois de que a Xunta de Goberno Local clasificase as dezaoito ofertas presentadas, sendo a de Elecnor S.A. a máis favorable para o Concello.Nos próximos días asinarase a correspondente acta de comprobación do replanteo e a continuación iniciaranse as actuacións previstas para subministrar os novos sistemas de xeración de calor, que estarán operativos no mes de setembro.

Este proxecto está valorado en 170.000 euros e será cofinanciado nun setenta e cinco por cento cunha achega económica do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) ao abeiro do programa para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa.Desde o concello estiman que se producirá un aforro enerxético de preto do trinta por cento do gasto das actuais caldeiras de gasóleo.

Modificación do PXOM

O Concello da Laracha vén de recibir a notificación da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio) na que se comunica a aprobación definitiva da modificación puntual número 4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

O cambio é necesario para o desenvolvemento do proxecto de posta en valor do patrimonio histórico-cultural promovido polo Concello da Laracha, que ten por finalidade ofrecer a máxima protección a sete elementos arqueolóxicos xa incluídos no Catálogo de Patrimonio municipal: as Torres de Cillobre, a pedra fita Marco da Anta, os dous Fornos dos Mouros de Soandres e os castros de Montesclaros, A Pena e Santa Baia.

Voluntariado xuvenil

O Concello da Laracha abriu o prazo de inscrición para que mozos de entre 16 e 30 anos de idade poidan participar nunha iniciativa de voluntariado xuvenil cooperando no desenvolvemento de actividades municipais de tipo cultural, social, educativo e deportivo durante os próximos meses.

O programa ponse en marcha en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de subvencións para entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil (DOG número 58 do 28 de marzo de 2016).Deste xeito o Concello da Laracha promoverá a participación social da xuventude a través da acción voluntaria, concienciando á poboación, e especialmente aos mozos, sobre as posibilidades que lles ofrece esta actividade tanto no seu proceso formativo e de aprendizaxe como no aspecto das relacións sociais.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

María Pose:”Este é o empuxe definitivo para unha reivindicación histórica”

María Pose:”Este é o empuxe definitivo para unha reivindicación histórica”

Agradece o compromiso da Xunta pero pide que a obra avance e non se deteña. Asegura que tamén demandará melloras na e…

Ler máis
Un coche choca contra unha casa nos Muíños en Muxía

Un coche choca contra unha casa nos Muíños en Muxía

Unha saída de vía provocou un accidente na localidade dos Muíños, na parroquia de Moraime en Muxía. O coche acabou …

Ler máis
"Feijóo non aposta por estes territorios, nin ten nin pretende ter un proxecto”

"Feijóo non aposta por estes territorios, nin ten nin pretende ter un proxecto”

A deputada socialista Loli Toja critica a falta de investimentos da Xunta na Costa da Morte e en Bergantiños.  …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
CMAT
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
Concello de Neda
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
OndaHit
En breves

Adiante TV

Opinión

China,más Comunismo para perpetuar el Capitalismo

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Estos días asistimos al XIX Congreso del Partido Comunista chino, o sea, que se están celebrando las elecciones a la Presidencia del Gobierno, con d…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Incendios y oportunistas

Nacho Louro

Sin lugar a dudas lo más triste de esta tragedia medioambiental, es la pérdida de cuatro vidas humanas. Los terroristas ecológicos han sabido aprov…

Nacho Louro
Ler máis

Máximas desculpas Portugal

Daniel Lago

A solidariedade para com todas as famílias das vitimas e desde a minha cativa posição, exponho as minhas máximas desculpas, no nome dos bons e gen…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información