9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Xoán Bascuas recolle demandas en Xallas e Barcala

O candidato de Compromiso por Galicia á presidencia da Xunta dedicou a xornada deste venres para visitar as comarcas de Barcala e Xallas. Xoán Bascuas comezou a súa ruta visitando a explotación gandeira que con 200 vacas frisoas, xestiona Cándido Igrexas no lugar de Cabanas, na Baña.

#AdianteTV

Despois dunha visita ás instalacións da granxa e dun longo faladoiro cos gandeiros que alí traballan, Bascuas dixo ”temos claro que son moitos os problemas que afectan ao sector leiteiro como vimos denunciando, pero hai un problema de raíz, a falta de poder de decisión e de autogoberno, e nós estamos comprometidos a que isto remate a partires do 25-S”. Para lograr este obxectivo cre que é fundamental que Compromiso entre no Parlamento de Galicia e considera vital conseguir que “haxa deputados galeguistas que trasladen a voz dos gandeiros sen intermediarios, e que loiten polo autogoberno para que haxa futuro”.

Unha das reivindicacións que se escoitaron nesta explotación foi a necesidade de que a administración autonómica apoie ao sector e a creación dun grupo lácteo galego. Algo que tamén defende o político galeguista:“É algo viable porque temos materia prima, gandeiros cualificados e só fáltanos ter un goberno decidido para que haxa valor engadido e un sector forte. Xoán Bascuas insistiu en que Compromiso será “a voz dos gandeiros no Parlamento de Galicia e onde faga falta”.Desde Cabanas tocou parada en O Barro, lugar de procedencia de Bascuas, para saudar a veciños e amigos.

Pola tarde, Bascuas e un grupo de afiliados de Compromiso participaron nunha repartición de propaganda informativa do partido polos establecementos comerciais de Santa Comba.Non é algo sorpresivo porque nunha entrevista hai uns días en Adiante Galicia, Xoán Bascuas asegurou que “teremos que facer unha campaña electoral corpo a corpo, rúa a rúa, pateando ou país e dando a coñecer ou proxecto”. E é o que está a facer día a día, aínda que ás veces non se note.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos