4175 fans     1339 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez

Denuncian as deficiencias dos xulgados de Corcubión

Denuncian as deficiencias dos xulgados de Corcubión

Costa da Morte | Publicada: 01/08/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
6
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 2 minutos e 38 segundos.

A CIG alerta sobre a falta de conservación das dependencias xudiciais// Roturas de tubaxes, humidades, deficiencias  no aire acondicionado e carencias básicas.

A Confederación Intersindical Galega denuncia “o estado deplorábel” no que se atopa o edificio que acolle ós xulgados de Corcubión.Segundo o sindicato hai unha importante falta de conservación das dependencias onde “as roturas de tubaxes son constantes e provocan fugas de auga en diferentes estancias. A última aconteceu no despacho do fiscal, e deixou a súa pegada no mobiliario e no falso teito “que presenta varios furados e está inchado en determinadas zonas”.

Citan ademáis desperfectos no despacho da xuíza titular do xulgado número 1, e a presenza de humidades nas oficinas, sala de vistas e  no arquivo, que provocan o desprendemento da pintura e poñen “en risco o material informático e electrónico e constitúen unha ameaza para a saúde dos e das traballadoras”.

Desde CIG- Xustiza quéixanse de que “a condución do aire acondicionado tamén é deficiente”, deixan pingueiras nalgunhas zonas e provocan “vibracións fortes” no edificio.

Critican que a Xunta de Galicia non fixo nada por resolver estes problemas e reclámanlle a Dirección Xeral de Xustiza “que acometa as reformas necesarias para eliminar todo foco de humidade, condensación e vibracións do edificio”.Alertan da posibilidade de que os falsos teitos acaben desprendéndose “a poidan danar a algunha persoa”.Por último, desde a CIG lamentan a “escaseza de papel hixiénico, panos de papel ou xabón de tocador”.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Balseiros:”Estaban preparando as manifestacións mentres nós estabamos ao lado dos afectados”

Balseiros:”Estaban preparando as manifestacións mentres nós estabamos ao lado dos afectados”

Comparecencia Incendios// A Ana Pontón:”Vostede non sabe se hai terroristas incendiarios, o señor Quintana sabíao…

Ler máis
 Localizan un artefacto pirotécnico en Salceda de Caselas

Localizan un artefacto pirotécnico en Salceda de Caselas

La Guardia Civil analiza un potencial artefacto incendiario encontrado por un vecino del municipio de Salceda de Caselas…

Ler máis
Pedro Sánchez propone reconstruir leyes y activar fondos europeos

Pedro Sánchez propone reconstruir leyes y activar fondos europeos

El secretario del PSOE dice que serán leales y no harán lo mismo que hizo Núñez Feijóo con Emilio Pérez Touriño. …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
RiXallas 2017
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
Concello de Neda
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
OndaHit
En breves

Adiante TV

Opinión

Máximas desculpas Portugal

Daniel Lago

A solidariedade para com todas as famílias das vitimas e desde a minha cativa posição, exponho as minhas máximas desculpas, no nome dos bons e gen…

Daniel Lago
Ler máis

Mulleres e rural

Natalia Lema Otero

Capital, terra e traballo. Eses son os tres piares fundamentais para levar a cabo calquera actividade económica. Sen embargo no factor do traballo no…

Natalia Lema Otero
Ler máis

A memoria da lingua na paisaxe

Xosé González Martínez

A paisaxe galega atesoura unha rica memoria cultural e lingüística que definíu ao pobo que a habita. Cada anaco da súa terra: montañas e serras, …

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información