7.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

O PSOE critica o afán privatizador de Manuel Antelo

Paula Mouzo:”Este alcalde non se sabe se é de dereitas ou de esquerdas”.

A portavoz do Partido Socialista en Vimianzo, Paula Mouzo acusou o alcalde Manuel Antelo Pazos de “tratar inxustamente a unhas persoas que están traballando” dun xeito eficiente, no departamento de servizos sociais e criticou que o rexedor estea “a tirar pedras contra o seu tellado” e facendo xusto o que rexeitaba “porque sempre foi en contra de todo isto” que agora fai:”Este alcalde non sábese se é de dereitas ou de esquerdas” queixouse.

Paula Mouzo Maceiras lamentou que aínda que hai un importante malestar na rúa pola problemática do SAF,  a xente non se exprese:”Parece que a xente ten medo e estamos vivindo novamente a época dos señores feudais”.

A edila socialista cre que o goberno local está a seguir o “camiño erróneo” polo seu interese en «privatizar todo» e di que as traballadoras do servizo de axuda no fogar vimiancés, estánno pasando moi mal coa situación creada polo propio executivo. Mouzo rexeita as subrogacións porque con este paso o futuro laboral destas persoas quedará na conciencia “dunha empresa que nada ten que ver con Vimianzo”.

Os socialistas insisten en que a súa postura quedou clara desde un principio. Paula Mouzo participou este mércores  nunha protesta diante da casa do concello xunto cos voceiros de Independentes por Vimianzo, Terra Galega e Partido Popular.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos