6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Convenio para a ampliación da EDAR larachesa

O salón de plenos do concello da Laracha acolleu a sinatura do convenio para a ampliación da depuradora de augas residuais(EDAR) de O Formigueiro coa asistencia da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez e o alcalde José Manuel López Varela.

A Xunta de Galicia investirá dous millóns de euros nesta mellora que se executará nun prazo máximo de dous anos. Mato destacou o “grande esforzó económico” do goberno galego para impulsar esta actuación que vai permitir incrementar a capacidade de tratamento desta infraestrutura hidráulica, moi especialmente no referido ao caudal máximo, que vai pasar de 125 metros cúbicos por hora a preto de 250.

 

Plan de desbroces

Por outra banda o concello da Laracha sacou a licitación os traballosde roza mecanizada e manual na rede viaria e nas parcelas de titularidade municipal.A duración do contrato é de un ano con posibilidade de prórroga por outro máis. O orzamento máximo de licitación ascende a 75.348,62 € anuais (IVE incluído). O único criterio de valoración das ofertas presentadas será o económico.

A campaña de desbroce das vías municipais ten por obxectivo eliminar a vexetación herbácea nas marxes das estradas para frear o seu crecemento, mellorar a visibilidade dos condutores e viandantes e reforzar a seguridade viaria, ademais de previr riscos de incendio e manter o ornato público nas estradas.Do mesmo xeito que en pasados exercicios, a campaña de desbroce deste ano afectará a todas as parroquias do municipio. No curso pasado actuouse e máis de 550 quilómetros lineais.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos