Xan Ramos Rodríguez aspira a presidir a cooperativa Feiraco despois da asemblea xeral do próximo sábado.
Audio coa entrevista a Xan Ramos
“Feiraco ten que volver a gañar a confianza da xente”
Xan Ramos preside a cooperativa de Grille, en Mazaricos, que acaba de ser readmitida cautelarmente pola xustiza despois da súa expulsión nunha situación que considera “lamentable” e “arbitraria”. Critica aos actuais mandatarios de Feiraco porque “só queren que os socios certifiquen as súas accións e cando alguén lles pregunta algo séntense molestos”.
O gandeiro de Mazaricos decidiu presentarse ás eleccións encabezando unha canditura alternativa ao actual presidente José Montes. Ramos quere que “os socios manden e orienten a cooperativa” impulsando medidas que sirvan “para volver a gañar a confianza da xente cunha xestión eficaz para ser competitivos non mercado”.
Xan Ramos non descarta alianzas no campo empresarial
Xan Ramos tamén se mostra partidario de “buscar alianzas, con fusions ou doutro tipo para que a cooperativa sexa máis grande e que poida competir con outros monstros que hai no mercado”.É optimista co futuro do sector lácteo “porque Galicia ten unha situación privilexiada que ten que aproveitar”.
Opina que a incerteza actual é de tipo conxuntural, e que xurdiu “dunha regulación extrema porque o intervencionismo dos estados acabouse e agora a regulación fana as empresas e os intereses son diferentes”.Tamén sinala que hai unha serie de condicionantes que actualmente non favorecen o consumo de leite, pero mantén a súa impresión:”Estou convencido de que hai futuro”apunta Xan Ramos.
Noticia relacionada: Impugnan la candidatura de José Montes