Teresa Castro é a nova presidenta da asociación de empresarios de Santa Comba. Substitúe a Óliver Silvariño que xa anunciara a súa dimisión irrevogable. Cafetería Rafael gaña os concursos de tapas e da tortilla.
Redución do orzamento e elección
Os empresarios xalleiros celebraron dúas asembleas conxuntas. Na primeira, de carácter xeral, aprobouse o orzamento para o ano 2016 que alcanzará os 51.000 euros, e que supón unha redución de máis de 12.000 con respecto ó ano anterior que arroxaron un déficit de 2.500 euros. O secretario Manuel Amigo dou lectura ó balance de actividades que o vicepresidente José Novo foi explicando. Na xuntanza estiveron presentes a alcaldesa de Santa Comba, María Pose e dous exalcaldes Antonio Landeira e José Manuel Arufe, todos eles membros da asociación.
Finalmente, na asamblea extraordinaria, elixiuse a Teresa Castro coma nova presidenta da asociación. Non houbo máis alternativas e a súa proposta foi respaldada entre aplausos dos presentes.Teresa Castro anunciou a súa intención de traballar pola unión do colectivo “porque está a xente moi dispersa” e traballar en propostas que permitan fomentar a actividade comercial en Santa Comba “e que a xente non vai comprar fóra”. O secretario, Manuel Amigo, informou que nos vindeiros días terá lugar a presentación dunha APP para poder usar os “costavales virtuais”.
A xornada rematou coa entrega de premios do Concurso de Tapas. O primeiro premio foi para Cafetería Rafael, o segundo para Parrillada Tío Paco e o terceiro para Cervecería Talladas. O local rexentado por Martín Suárez (Cafetería Rafael) tamén gañou o I Concurso da Tortilla. Os premios para os tapeadores foron para Iria Muíño Mata e Araceli Romero Domínguez.
Fotos- Xosé Manuel Lema-Adiante Galicia
Adxuntamos unha galería de fotos.