16.5 C
Santa Comba
martes, septiembre 3, 2024

Ucha:»Róubanlle a carteira á soberanía popular»

José Antonio Ucha denuncia que detrás da moción hai “intereses persoais” e “fortes presións”.Advirte que poñerá en coñecemento da Fiscalía “o modus operandi do Partido Popular durante as últimas lexislaturas”. Recrimina a Terra Galega que busque o poder “a calquera prezo”.

 

 

“A moción é un atentado contra a democracia”

O alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo asegura que a moción de censura promovida por PP e Terra Galega “é un atentado contra a democracia” porque o seu partido gañou as eleccións e “a vontade de oito persoas non pode cambiar a decisión do pobo” expresada nas pasadas eleccións municipais.

“A quen lle rouban a carteira non é ó alcalde, é a soberanía popular” declarou o rexedor socialista que se sinte “apoiado pola xente” e con desexo de volver a presentarse para obter unha maioría absoluta.

“Entrei por ser a lista máis votada”

En declaracións a Adiante Galicia, Ucha dixo estar convencido que detrás da moción non hai “ideoloxías nin política” senón que “é unha cuestión que lles afecta na forma de comer” xa que hai “fortes presións” e “moita xente que se sinte perxudicada pola forma de facer política do PSOE. Nós non traballamos para mellorar a conta de resultados de ningunha empresa”.

Ucha Velo lembrou que “entrei por ser a lista máis votada, o pacto ven despois”, e rexeitou as críticas de falta de diálogo porque “conseguín o consenso de tres persoas” en alusión ós tres concelleiros de Terra Galega.”Pero eles teñen os seus intereses” lamentou.

Sobre a ruptura con TEGA afirma que foi inevitable:“Non podíamos seguir xuntos porque eu non acepto ultimatums e non me quedou outra que botalos fora”. Tamén recriminou as “ansias de entrar no goberno a calquera prezo” do partido liderado por Francisco Ameijeiras.

José Antonio Ucha:“Eu estaba dando un cambio”

Sobre as denuncias de María Pose sobre unhas supostas ameazas o día da presentación da moción de censura, José Antonio Ucha aclarou:Díxenlle que non tiña  nada persoal pero que ía poñer en coñecemento da Fiscalía o modus operandi do PP nas últimas lexislaturas e que ese tema se ventilaría nos xulgados”.Non detecta similitudes coa moción de 2008:“Nesta ocasión represento a vontade do pobo, son a lista máis votada”.

“Eu estaba dando un cambio. Eu só son responsable de querer sacar ó pobo da situación na que estaba por culpa de quen goberno 35 anos” manifestou o líder do PSOE xalleiro.

José Antonio Ucha asegura que deixa un traballo feito e pensa que o novo goberno vaise a “colgar medallas” das súas xestións:”A moción de censura tamén se fai por esas licitación que hai pendentes, e quererán abrir eles os sobres C que son os das ofertas económicas e adxudicar eles as obras”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos