2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Xuntanza de López Varela co conselleiro de Política Social

O concello da Laracha prepara a tradicional Festa- Homenaxe ós maiores que se celebrará o 14 de maio.

Novas vías de colaboración 

O alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela mantivo un encontro co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, ó que lle expuso varias demandas desde o concello como a posta en marcha dun novo centro social, pero onde tamén se destacaron cuestións como a relativa ó incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar e outras melloras. Os dous dirixentes amosáronse partidarios de buscar novas vías de colaboración para mellorar a calidade de vida dos usuarios do centro de día e do fogar residencial, e destacaron o aumento de prazas na escola infantil. Na xuntanza tamén estivo presente a concelleira Patricia Bello.

Festa dos Maiores

Desde o concello da Laracha xa están ultimando a Festa Homenaxe ós maiores que se desenvolverá no pavillón do IES Agra de Leborís o vindeiro 14 de maio, e que se inclúe no programa do San Isidro e as Letras Galegas.

As entradas, cun custo de dez euros, xa están a venda nos centros sociais do concello. A actividade, que contará tamén cunha misa e cun baile con música en directo, está dirixida a veciños do concello, maiores de 65 anos de idade, xubilados e pensionistas.

Xunta de goberno

Por outra banda, na última xunta de goberno local acordouse formar parte do programa do Servizo de Voluntariado Xuvenil da Consellería de Política Social, e noutro programa para o equipamento e mellora de instalacións  da Consellería de Cultura, así como noutro de equipamento de emerxencias de Presidencia.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos