7.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Localizados dous corpos sen vida no mar da Costa da Morte

Este xoves 7 de abril o mar da Costa da Morte aumentou a súa longa lista de mortes con dous novos nomes. O dun percebeiro de Fisterra e o dun corpo aínda sen identificar que foi avistado na costa de Caión.

Un percebeiro de Fisterra, J.M.B.L. De 55 anos de idade foi localizado sen vida en Punta Arnela, no mesmo concello. Caeu ó mar esta mañá e o seu corpo foi recuperado,  pero xa estaba morto e os servizos sanitarios non poideron facer nada segundo confirmaba a Policía Local.E nesta mesma xornada tamén foi recuperado outro corpo sen vida que estaba flotando preto da localidade larachesa de Caión, e foi avistado pola embarcación Concepción Madre que avisou a Salvamento Marítimo. 

A embarcación de resposta rápida “Salvamar Mirfark” recolleu o cadáver que estaba en avanzado estado de descomposición e trasladouno o peirao de Oza.Agora terá que ser analizado para determinar a súa identidade.

Unha hipótese apunta a que podería ser o corpo do pescador desaparecido en Punta Nariga, no concello de Malpica, o pasado 13 de marzo, pero este extremo deberá ser esclarecido polas probas forenses que se van a realizar.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos