5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

López Varela promove proxectos ambiciosos en A Laracha

Despois de cinco maiorías absolutas consecutivas, o  alcalde de A Laracha recibiunos coa ilusión dun alcalde novo, con distintos proxectos en mente e dos cales moitos xa están reflectidos nos papeis.

Na entrevista para Adiante Galicia, lémbranos que este é “un dos concellos con máis núcleos de poboación da provincia”. Uns 311.E se nas primeiras lexislaturas había que facer maior fincapé nos servizos básicos, foron aumentando as necesidades pero foise dando resposta coa chegada de internet ó rural, a mellora do servizo de axuda no fogar, a escola infantil ou a residencia pública.

Durante uns cantos minutos, López Varela enumera distintas accións do goberno do Partido Popular larachés. E con respecto ao ano 2016, refírese a que “este é o orzamento de maior contía da historia do concello e tamén o primeiro que ten máis ingresos que gastos”.

José Manuel López calcula que desde as pasadas eleccións investiron “máis dun millón de euros en investimentos reais”. Destaca un ambicioso plan especial de protección do patrimonio histórico para dar a máxima protección a sete elementos arqueolóxicos xa incluídos no Catálogo de Patrimonio municipal. Trátase das Torres de Cillobre, a pedra fita Marco da Anta, os dous Fornos dos Mouros de Soandres e os castros de Montesclaros, A Pena e Santa Baia.  O menhir de Erboedo e castro de Montesclaros van ser adquiridos polo concello.

O rexedor larachés tamén desvela outras dúas actuacións moi importantes. Dous plans educativos. No instituto Agra de Leborís vaise a unir a travesía López Astray coa rúa Arxentina cun novo acceso e habilitar nas instalacións públicas descubertas.E tamén no colexio Otero Pedrayo, onde se está rematado o novo pavillón e a ampliación do centro, o concello vai a adquirir 17.000 metros para dota-la zona de espazos de aparcamento e instalacións deportivas descubertas.

Actuacións relevantes, xunto coa ampliación da EDAR, a modificación do PXOM, o polígono industrial e distintas cuestión da axenda repleta de López Varela para o seu concello.”Non queremos gravar os veciños con máis impostos ”sinala o alcalde, que aparte da boa saúde económica do municipio destaca que agarda conquerir xestionar fondos da Deputación, a Xunta e a Unión Europea.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos