A asociación Neria contrastará a auditoría da Deputación cun informe económico interno, antes de decidi-lo seu futuro.
Cinco alcaldes acuden a chamada da asociación Neria
O futuro da asociación Neria foi analizado este xoves nunha xuntanza onde participaron directivos da entidade supracomarcal, presidida por Francisco Javier González Trillo e varios alcaldes da comarca, como José Manuel Pequeño (Dumbría) Félix Porto (Muxía), Manuel Valeriano Alonso (Camariñas) e José Marcote(Fisterra),os catro do Partido Socialista, o alcalde independente de Cee, Ramón Vigo e Ramón Noceda, rexedor nacionalista de Carnota.
Unha auditoría interna antes de tomar decisións
Sobre a mesa, unha contundente auditoría da Deputación provincial coruñesa que detalla a feble situación económica da asociación e aconsella recorrer a un concurso de acredores. Hoxe decidiuse realizar unha auditoría interna que se estudiará nunha nova xuntanza dentro de aproximadamente quince días, e onde se tomarán decisión en base os dous informes económicos. Fontes de Neria indican que aínda así o concurso de acredores podería estar orientado tanto a salvación de Neria como a súa liquidación definitiva.
Recentemente, o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, anunciaba a saída do seu municipio, e tamén o concello de Malpica decidía en sesión plenaria darse baixa en Neria despois da proposta plantexada polo goberno do Partido Popular.Ó encontro deste xoves en Cee, tampouco asistiron os alcaldes de Corcubión e Zas, Lalo Insua e Manuel Muiño.