10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Comunicado do CSI-F en Vimianzo

O CSI-F acusa ao alcalde de Vimianzo de mentir e “intentar engañar a xente”.

Ante a relevancia do asunto e por petición expresa do CSI-F publicamos íntegramente a nota que nos enviaron. Para contactar coa nosa redacción

contacto@adiantegalicia.es

O SR. ANTELO MINTE E INTENTA ENGANAR Á XENTE

Antes de nada, queremos pedir a tódolos medios ós que mandamos este comunicado que nos publiquen de maneira íntegra o que nel se manifesta para evitar así posibles interpretacións erróneas do que queremos dicir. Entendemos que se fai necesario que os traballadores poidan tamén dar o seu punto de vista de todos o que se ven dicindo nas últimas semanas.

O primeiro que queremos manifestar é a nosa incomprensión ó feito de que nos medios de comunicación se saquencase a diario, temas referidos ou que abordan cuestións que atinxen ós traballadores do Concello de Vimianzo dando cabida o goberno municipal, ou a boa parte del, pero non se lle pregunta nin pide o punto de vista dos representantes dos traballadores ( no Concello de Vimianzo hai varios cos que poderían falar), para que dean a súa versión de todo o que está a pasar, cando sabemos que a parte mais débil son os traballadores ós que moitas vecesse lle impoñen condicións de traballo e horarios que poden ser abusivos e impoñendo condicións que non van apermitir realizar as funcións previstas con eficiencia e eficacia para dar un bo servizo a cidadanía.

Pensamos que o señor alcalde falta a verdade en moitas cousas das que di, e por iso, creemos que é a nosa obriga, facerlle as correccións que entendemos como necesarias para que os veciños de Vimianzo coñezan a realidade tal cual é e non como lla queren contar según interese.Intenta enganar a xente argumentando que cos despidos levados a cabo, non se van deixar de prestar servizos ninofertar recursos. O señor alcalde, non é obxectivo nesto que di, porque non se poden ofrecer a cidadanía os mesmos servizos con menos persoal, creemos que esta forma de facer política con despidos e máis despidos, é una maneira encuberta de duas cousas:

– Externalización de servizos, pode comprobarse facilmente coa cantidade de diñeiro que vai destinada a pagar servizos externos ó concello en concepto de traballos que podían desempeñar en moitas ocasións os propios traballadores municipais.

– Peor servizo aos cidadáns, porque non nos cabe dúbida de que inda que os traballadores coa súa profesionalidade intenten dar resposta as cuestións que se lle presentan no seu traballo diario, pensamos que humanamente non é posible que un traballador faga o traballo de 2 ou 3 persoas, a calidade do traballo sen dúbida, baixa.

A data de hoxe as plantillas dos servizos de deportes, cultura, servizos sociais e servizos básicos de limpeza viaria,

recollida de lixo, auga e servizos eléctricos están moi coxas, debido a unha redución de efectivos nos últimos anos por distintos motivos: xubilacións, despidos e outros que implicaron una reducción de plantilla de cerca de 10 efectivos,que non foron reemprazados por outros.Sen embargo os servizos seguen a prestarse.

A empresa recurre continuamente a externalización de servizos, que redundan nunha peor calidade dos servizos ofrecidos os veciños de Vimianzo.

Esta externalización non dita moito coas políticas que se abandeiran desde un partido que se supón de esquerdas como é ó que representa o señor alcalde e o seu grupo de goberno.

Di o señor alcalde, que non se nota a falta de efectivos da Policía Local, con 1 solo dos seus membros prestando os seus servizos na actualidade. Enténdese desde este sindicato esto que di o alcalde, como unha forma de loar e agradecer a labor que está a desempeñar un solo policía local, pensamos polo tanto que se debe estar a facer un bo traballo neste campo tendo en conta as limitacións que teñen agora mesmo xa que a pesares de que a plantilla a forman 4 policías locales , nestes momentos solo 1 está prestando servizo.

Pero os veciños teñen que saber que hai moitos turnos e incluso días que o concello non conta co servizo de policía local, cos perxuizos que esto xenera para toda a xente de Vimianzo. Sen esquecer tamén que este feito vai en detrimento dos propios traballadores que ben tamén limitadas as súas expectivas de formación,posto que non se lle permite asistir a cursos de formación según seexplica, por necesidades do servizo.

Desde o CSIF sen dúbida pensamos que a formación é algo fundamental para os propios traballadores e neste colectivo, si cabe máis.Que ten ou teñen a maioría absoluta quédanos claro a todos, pero eso non o pode acreditar para facer o que lle dea a gana pero sobre non pode usalo para mentirlle os veciños de Vimianzo. Debe de deixar de tratar a xente como sifora unha ignorante e descoñecedora do que está pasando e non pensar que solo eles son os que teñen o poder e a verdade absoluta.

O señor alcalde di que para os despidos que levou a cabo, basease nos informes que emiten os responsables dos servizos correspondentes. Primeira verdade a medidas, son uns informes que él pediu con moita presa e sabemos que polo menos no caso da psicóloga non se ciñe a realidade e solo colle as partes do informe que a él lle da a gana para xustificar o despido.Pero sabemos que nese informe hai tamén una parte que él ignora que nos fai pensar que o fai de maneira intencionada e que podemos dicir que valería para xustificar de maneira máis que sobrada, a continuidade do posto de psicóloga .

Nas súas explicacións para o despido, non fai mención en ningún momento, as labores propias de María José como psicóloga no Programa de Intervención e Atención Psicolóxica, nin a súa fundamental participación na área de Igualdade no Concello de Vimianzo. Pero xa foi explicado con moito detalle por María José na súa comparecencia e que se pode ver en calquera medio ou rede social. Dadas as declaracións que fai o señor alcalde nos medios, é máis que evidente que, non escoitou as aclaracións e explicacións feitas por María José, e supoñemos que a persoa ou persoas que llo contaron, non foron fieis a realidade e faltaron a verdade. Cónstanos que as persoas que estaban escoitando a María José que foron moitas, saliron da comparecencia coa idea moi clara de que si fai moita falta esta figura profesional en Vimianzo.

María José, non solo realizaba tarefas de carácter administrativo para a Escola Infantil nin tampouco o Programa de Educación para Adultos ( este último encomendado por o alcalde que agora di Diego onde antes dixo Digo). A súa labor como psicóloga e responsable das actividades levadas a cabo na área de igualdade están moi xustificadas no Concello de Vimianzo.

O programa de envellemento activo inclúe actividades que debe desempeñar un psicólogo e non un monitor nin un educador familiar. A non ser que o señor alcalde entenda o Programa de Envellecemento Activo como un simple entretemento ou actividade de ir ás parroquias a xogar un pouco as cartas con eles ou a calquera outra cousa que os poida entreter.

O mesmo pasa coa praza da animadora cultural, que estaba na biblioteca polas tardes, os sábados, os domingos ou cando era requerida a súa presencia. A parte diso facía multitude de tarefas e traballos que lle eran encomendadas desde a área correspondente, pero sempre levando a cabo aquelas actividades que lle eran encomendadas.

O departamento de Servizos Sociais é mentira que conte con 2 auxiliares administrativos, un dos auxiliares que formaba parte da plantilla, hai uns anos foi trasladado a outro departamento do concello, en principio de maneira provisional para cubrir uns períodos de vacacións, pero xa nunca voltou a Servizos Sociais e desde hai varios anos, non realiza ningún tipo de traballo vinculado a ese departamento a non ser de maneira puntual algunhas fotocopias.

O traballo que facía ese auxiliar recaeu todo no persoal que está traballando na actualidade nos servizos sociais. Esto claramente implica una sobrecarga de traballo para estes profesionais xa que asumen o traballo íntegro doutra persoa a parte de todo o que eles veñen facendo xa.

Claro que as mulleres víctimas de violencia de xénero poden ir ó CIM de Zas, pero pregúntese vostede si todas teñenmedios ou recursos para ir, porque na maior parte das veces ocurre por desgracia que pode que non sexa así. Claroque poden ir ó seu centro de saúde, pero moitas veces, a solución non pasa porque un psicólogo da Unidade deSaúde Mental neste caso de Cee, vexa a estas persoas 2 veces ou 3 no ano.

Moitas veces, a solución, pasa pola cercanía dos servizos ós veciños, ese é un dos principios básicos dos Servizos Sociais de Atención Primaria, que o alcalde debería ter en conta, algo que parece estar esquecendo.Lamentamos profundamente que esta sexa a situación que se está a vivir no Concello de Vimianzo e queremos amosar desde aquí o noso apoio e solidaridade cos traballadores do Concello de Vimianzo que ó fin e o cabo son a parte primordial e o motor fundamental para que o Concello funcione. 

foto-www.ayuntamiento.es

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos