7.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Francisco Conde asistiu a unha xornada en Santa Comba

O conselleiro de Industria arroupou os alumnos dun curso de microempresas que organizaron unha xornada en Santa Comba.

“Arriscar, innovar e perseverar”

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta fin de semana na xornada “Decidín emprender” organizada polos alumnos dun curso de creación e xestión de microempresas do concello de Santa Comba.

 A xornada desenvolveuse no auditorio do multiusos e nela participaron empresarios de distintos sectores innovadores, responsables de firmas como Núa Moda, Filament2Print, Hobby Kart, Aeromedia, Bico de Xeado o cárnicos Domínguez.

Francisco Conde destacou a capacidade de “arriscar, innovar e perseverar” dos emprendedores para reforzar o tecido empresarial na comarca do Xallas.Neste senso, sinalou o apoio do Goberno galego ao emprendemento rural, a través de instrumentos como os programas de emprendemento no sector agroalimentario, o apoio á creación de novas cooperativas ou sociedades laborais por parte dos menores de 30 anos; ou os 40 millóns de euros reservados en apoio ao emprendedores, autónomos e cooperativas nos orzamentos de 2016.

Na xornada tamén participou o alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo que anunciou a súa intención de organizar unha xornada de emprendemento para o vindeiro ano. “Esta é unha boa forma de rematar un curso ou de empezar unha vida” afiromou Ucha. Tamén asistiu o presidente da asociación de xóvenes empresarios coruñesa(AJE) e unha técnica do IGAPE da Xunta de Galicia.

@AdianteGalicia

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos