5962 fans     1557 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Ángel Carracedo,un crack da ciencia e un humano xeneroso

Ángel Carracedo,un crack da ciencia e un humano xeneroso

Costa da Morte | Publicada: 21/09/2015

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 27 segundos.

O xalleiro Ángel Carracedo Álvarez acaba de recibi-lo premio Nacional de Xenética, e segue facendo medrar o seu currículo sen perder a súa grandeza como persoa.

Xosé Manuel Lema

O seu currículo daría para encher varias páxinas pero para recoller a súa humildade e a importancia do traballo que realiza día a día non chegaría un libro. O Premio Nacional de Xenética é un recoñecemento máis da súa fértil traxectoria, e sobre todo unha mostra dunha humanidade xenerosa e accesibilidade exquisita.

Cada premio reforza a biografía dun ilustre xalleiro e galego. Pero cada xesto, confirma a súa inmensa calidade humana. Mentres moitos persoeiros de escasa relevancia se emborrachan de “ego”, os grandes son así. Están feitos doutra pasta. Por iso son tan grandes.

Ángel Carracedo “leva ben” a súa complexa axenda

 E Carracedo é un heroe da ciencia. Sen dúbida.Poderíamos escribir unha crónica sobre o novo premio, pero quixemos facer algo distinto, mais acorde co que Ángel representa. Un artigo con máis corazón que estrutura xornalística. 

Dicía nunha entrevista na Radio Galega fai uns días que o principal problema de todos isto era “estar lonxe da familia e durmir tan pouco” pero que se “levaba ben” tanto isto como o seu traballo. Porque Carracedo quere que o seu laboratorio, que é un referente no eido forense tamén o sexa na parte clínica.

O investigador pensa que hai que achegar máis a ciencia á xente

“Os científicos temos que estar mais en contacto coa xente e amosar o que facemos” apuntaba este peculiar Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Compostela. Ten clara a súa aposta pola divulgación nun mundo moi mediático onde hai noticias xerais pero “non tanto de coñecemento”.

Aparte de ser sabio e humilde, Ángel Carracedo Álvarez sabe conectar, abrir portas a curiosidade e resumir en poucas palabras temas tan complexos como a xenética:”O noso ADN é como un libro de instrucións do que é o noso corpo desde que nacemos”.

Ese libro de códigos é vital:”Cando falla ese libro de información pode ser unha enfermidade”.Estaba saboreando o recente premio nesta entrevista radiofónica pero xa deixaba claro que aínda quedaba moito por facer:”O libro podemos lelo pero só entendemos para serven a metade das vinte mil instrucións que ten”.

En entre conferencias, premios, e horas de investigación Carracedo vai facendo máis grande a súa historia, sen perder nada do que o caracteriza como persoa. E iso ten moito mérito.

FOTO- www.santacomba.es

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

La entrada del Almirante Mourelle en la Orden de Santiago

La entrada del Almirante Mourelle en la Orden de Santiago

Rafael Lema. En el anterior episodio "El expediente oculto de San Vicente y Gibraltar"   Francisco Antonio Mo…

Ler máis
El Almirante Mourelle, el expediente oculto de San Vicente y Gibraltar

El Almirante Mourelle, el expediente oculto de San Vicente y Gibraltar

El gran marino de Corme pudo tomar Gibraltar para España y fue uno de los héroes ocultos del combate del cabo San Vice…

Ler máis
Entrega de premios da sexta edición de A Laracha de Tapas

Entrega de premios da sexta edición de A Laracha de Tapas

Nun acto desenvolvido na Casa da Cultura da Laracha, o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
SAT Busto Corzon Mazaricos
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Plástico:la caza de brujas de la ecología europea

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Vamos al Lidl cargados con bolsas de arpillera o tenemos que surtirnos con unas talegas de cartón que se rasgan al primer descuadre de estive interno…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Rusia,¿imperio bizantino o caballo de Atila?

José Manuel Palacín Y Rodríguez

A Tijon Shevkunov se le considera el padre ideológico de Valdimir Putin, si es que éste ha procesado deontología alguna en su vida. O sea, que este…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Inmigración y II Restauración en Galicia

Álvaro Rodríguez

En 2018 sucedió un hecho político de dimensión máxima.  La prensa  gallega,  cumpliendo  su obligación de informar, en sus portadas,  La Voz…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información