5.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O BNG cree que Ferroatlántica non pode ter carta branca

O BNG da Costa da Morte considera que “Ferroatlántica non pode ter carta branca para facer o que lle dea a gana e desecar un río”, como foi o caso do Río Xallas, acción pola que un xulgado impuxo unha fianza de 8,5 millóns de euros ao grupo Villar Mir.

Neste senso, o portavoz nacionalista Serxio Domínguez lamentou a “sobreexplotación de maneira salvaxe” das augas do Xallas, apoiando as medidas solicitadas pola deputada Ana Pontón no Parlamento de Galicia. “Privouse a Costa da Morte de algo moi importante para o turismo como é a cascada do Ezaro” indicou Domínguez, que quixo valorar o traballo da asociación Ríos con Vida “para que se volvera a abrir”.

O PSdeG vendeu a pel do oso antes de cazalo

Con respecto a que desde o PSdeG se falara de quén sería o presidente da Deputación, Serxio Domínguez lamentou que “se deran pasos adiante sen ter en conta que non teñen unha maioría”.

“Non podes vender a pel do oso antes de cazalo- dixo o portavoz comarcal nacionalista-Primeiro hai que falar co BNG e coas outras forzas”.

Un decálogo de propostas para Cee

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada”, o tamén portavoz municipal do BNG explicou a súa iniciativa de presentar un decálogo de propostas “a custe cero” dirixidas ao goberno en minoría do independente Ramón Vigo.

“Se as levan a cabo sería unha mostra de que queren chegar a acordos co BNG, que fagan que Cee sexa gobernable” sinalou Domínguez, que ten claro que a súa formación ten “un programa de goberno e se podemos levar adiante medidas do noso programa de goberno non o deixaremos pasar”.

Avanzou ao goberno local que “se se acercan podemos encontrarnos no camiño e facer cousas xuntos”. Entre as medidas figuran o saneamento da ría, recuperar a Mostra de Teatro, a retirada do PXOM do proxecto do campo de golf, demandar a Xunta o arrando do centro médico, solucionar os problemas da piscina ou abrir ao público os xardíns de Fernando Blanco e cumprir coa lei no Castelo da Ameixenda “obrigando a súa apertura”.

Resultados históricos na Costa da Morte

Salvo o “baixón” sufrido en Cee, para Domínguez nas pasadas eleccións municipais déronse “uns resultados históricos e estamos tremendamente satisfeitos”, destacando as novas maiorías absolutas en Carnota e Vimianzo, o cogoberno de Fisterra, a “posibilidade de volver a entrar” no goberno de Corcubión, ou volver a estar presentes na corporación de Camariñas.

Escoita a entrevista con Serxio Domínguez NA ENCRUCILLADA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos