13.7 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Muiño advirte ó PSOE que o BNG tamén conta na Deputación

O alcalde de Zas, Manuel Muíño criticou o debate aberto no Partido Socialista sobre o aspirante a presidencia da Deputación coruñesa:”Non me parece intelixente que se fale de cargos e de postos na Deputación antes de falar cos socios do futuro goberno”.

“Choca un pouco que o PSOE falou de cargos na Deputación”

Para Muíño Espasandín, a postura dos socialistas resulta “curiosa” porque “se fala da presidencia da Deputación cando non se ten a maioría suficiente para poder decidir.Non só depende do Bloque senón que tamén das Mareas. Choca un pouco que estean falando de cargos”.En declaracións ao programa “Na Encrucillada”, Manuel Muíño definiu coma “un fito histórico” e “un éxito importantísimo” que o Bloque Nacionalista Galego conte cun deputado provincial polo partido xudicial de Corcubión, que lle foi arrebatado ao Partido Popular.

O alcalde de Zas valorou moi positivamente a nova maioría absoluta acadada no seu concello:”Síntome recompensado porque os veciños apreciaron o traballo que se fixo”.

Un éxito importantísimo para nós un fito histórico

Manuel Muíño pensa que a clave da súa xestión estivo en “estar cerca dos veciños, ter un concello saneado e gobernar con sentidiño e honradez”. Sobre as prioridades para este novo mandato, Muíño Espasandín asegura que dúas cuestión fundamentais para o seu executivo son “desenvolver unha área urbanizable en Baio e construír un tanatorio en Zas”, ademáis do coidado da rede viaria municipal e de completar a rede de saneamento nas parroquias.

Escoita a entrevista con Manuel Muíño

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos