18.7 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Ucha Velo:»Necesitamos transparencia e honradez»

O novo alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha (PSOE) marca como prioridade os servizos sociais. Recollemos as súas primeiras declaracións e publicamos unha galería de fotos da sesión de investidura deste 13 de xuño. Ucha estará o vindeiro luns 15 de xuño no programa Na Encrucillada de Radio Xallas 107.5 FM desde as 13:00h.

Ucha: “A honradez vai a ser o meu programa”

As primeiras palabras de José Antonio Ucha como alcalde de Santa Comba serviron para marcar a dirección do goberno socialista que acaba de ser elixido:”O noso eixo fundamental serán os servizos sociais, a igualdade do home e a muller e a protección dos nosos mozos e dos nosos maiores”.

José Antonio Ucha Velo aludiu a necesidade de crear emprego para tamén asegurou que o concello “necesita honradez e transparencia. E a honradez vai ser o meu programa”.

“O que nos une é o progreso de Santa Comba”

O novo alcalde de Santa Comba quixo agradecer a confianza dos seus votantes e colaboradores:”Non vou defraudar ós que nos votaron e vou a facerme merecedor da confianza dos que non me votaron”.

José Antonio Ucha prometeu “traballar arreo” e pediu a colaboración dos veciños e tamén dos distintos grupos políticos porque “por riba das cores políticas están os veciños e o que nos une é o progreso de Santa Comba”.

María Pose deséxalle sorte a Ucha

Nesta sesión Ucha Velo convidou a intervir a alcaldesa saínte María Pose que espera que o rexedor socialista “polo ben do pobo de Santa Comba goberne dunha forma correcta”. Pose agradeceu ós veciños polo tempo que compartiu con eles na alcaldía e desexoulle sortea o novo mandatario

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos