7.1 C
Santa Comba
sábado, marzo 30, 2024

Juan Blanco:»Somos a opción de goberno e dos veciños»

O candidato do BNG a alcaldía de Mazaricos está convencido de que o domingo vai a recibir un apoio maioritario nas urnas. Juan Blanco ten claro que “Somos a opción de goberno, a opción dos veciños e do cambio en Mazaricos. Somos un movemento de persoas tirando nun mesmo sentido”.

“Un alcalde ten que vivir aquí”

Blanco considera clave que os mandatarios residan no concello onde gobernan, en alusión directa ao candidato do PP, Nico Martínez:“Un alcalde ten que ser un veciño máis e vivir aquí, e estar a disposición da xente”. É unha cuestión fundamental para o líder nacionalista local:”Non nós vale coas ordes de Coruña ou de Santiago. Hai un posto vacante de líder que eu quero ocupar, non ocupar o soldo do alcalde porque sí”.

Asegura que aínda que en Mazaricos haxa un goberno de distinta cor política as administración, vai xestionar fondos sen problema:“Hai concellos como Dumbría gobernados polo PSOE, ou Zas gobernado polo BNG e reciben fondos da Deputación como os demais. Non vexo que houbera tantas axudas en Mazaricos”.

Aforrar 55.000 euros de cargos políticos

Juan Blanco Riveiro insistiu en que vai a aforrar uns 55.000 euros das adicacións do goberno para dar axudas a autonómos e emprendendores. Eliminará a adicación exclusiva do tenente de alcalde e reducirá en 10.000 euros o soldo do alcalde, que quedará en 30.000 euros brutos.

Sobre as alusións do PP ao seu partido Blanco afirmou que “Eu son do BNG porque non me vendo. Pero ante todo sonj un veciños máis e respeto tódalas opción políticas”.

Juan Blanco considera básico a creación de emprego no concello, a promoción do turismo, ou a información e o protagonismo dos veciños na xestión política diaria.O BNG pecha a súa campaña este vindeiro venres cun acto que se vai a desenvolver desde as 22:00 na praza da Picota, e que terá acompañamento musical e unha churrascada popular.

Escoita a entrevista de Juan Blanco en Radio Xallas e Fórmula Fun

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos