16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Alexandre Antelo:»Ofrecémonos para representar ós veciños»

O candidato do BNG a alcaldía de Santa Comba, Alexandre Antelo demandou o apoio dos veciños para que teñan “unha forza que os represente no concello” xa que os demais partidos non o fixeron:”O PP, a súa filial Tega e o PSOE conseguiron que a política se transformara nalgo que a cidadanía detesta. PP e PSOE foi o que conseguiron”.

Pide o voto “senón queren que gobernen os mesmos de sempre e sigamos con este desleixo e perdendo subvencións.Ofrecémonos para”.Antelo Noya advirte que “O BNG só lle vale que se leve a cabo o seu programa electoral e non dará carta branca a ningunha forza”.

Alexandre Antelo propón facer un inventario municipal

“Ofrecémonos para representar ós veciños”, asegura Antelo. Tamén criticou as demais forzas políticas porque nesta campaña máis que debater sobre ideas “enchen os mitins de xente a base de pinchos e están gastando máis ca nunca e nós pensamos que a política é para falar de proxectos e non para festas”.

O candidato Alexandre Antelo asegurou que a primeira medida que adoptaría como alcalde sería “un inventario de contas, bens e terreos públicos” para poñe-los en valor. Tamén aposta por un plan de investimentos consensuado cos veciños e apoiar ao sector agro gandeiro “como o fixemos sempre”. Así como dar publicidade a situación financeira e os acordos do goberno local.

O Bloque Nacionalista Galego organiza un acto de peche de campaña o vindeiro venres 22 de maio as 21:30 no local veciñal de A Pereira. O xoves estará en San Cristovo.

Escoita a entrevista con Alexandre Antelo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos