7.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

«Fixéronse cousas pero poden facerse moitas máis»

O candidato do Partido Popular a alcaldía de Mazaricos, Nico Martínez pediu o apoio dos veciños para desenvovler o seu proxecto, lembrando que o PP é a forza preferida no concello e que a outra opción é “O BNG que gobernou Mazaricos durante catro anos e non os quixeron e todos sabemos o porqué”.

“Fixéronse cousas pero poden facerse moitas máis” asegurou Nico Martínez que non se plantexa outro resultado que unha maioría absoluta:”Despois de vinte anos gobernando o o único que nos plantexamos e unha maioría absoluta”.

Sobre o debate veciñal frustrado, Martínez Almallo, que sí participou noutro debate en Radio Nordés, manifestou que el pretendía un debate para tódolos veciños:”Non se pode facer un debate para os do Bloque e para os de Coiro en concreto.Un debate ten que ser para todos, non para o Bloque que nos faga unha encerrona.”.

Un programa con cen propostas

O Partido Popular de Mazaricos presentou un programa electoral con cen propostas, no que ten moita relevancia o sector agrogandeiro. Pretenden crear unha oficina técnica de asesoramento e unha asociación de gandeiros, unha deshidratadora semimunicipal de forraxe, e unha cuadrilla de obras rotatoria, na que os inscritos terían quendas de traballo por rigurosa orde, fomentando así a transparencia nas contratacións.

Segundo Nico Martínez hai que “aproveitar o potencial enorme do camiño xacobeo” xestionar os servizos de radioloxía e de gardas farmaceúticas. rutas de senderismo,construir un ximnasio municipal , rehabilitar a contorna da Pontenova e ofertar solo industrial para atraer emprego.

Escoita a entrevista con Nico Martínez

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos