Esther Iglesias lidera a candidatura de Compromiso por Galicia no concello de Carballo. Ten como máxima prioridade fomentar a participación veciñal: “A xente de Carballo non ten voz no concello. A xente é a que ten que decidir. Hai que abrir as portas do concello”.
Aparcamentos, melloras nas parroquias e ambulancia medicalizada
A primeira muller confirmada como candidata nunhas eleccións locais en Carballo non está conforme “nin coa forma de gobernar do BNG nin coa de facer oposición de PP, Terra Galega e PSOE. Creo que é posible un Carballo máis xusto”.
Non ten pensado presentar un programa electoral moi amplo porque “a xente necesita feitos e non palabras e os políticos teñen que falar menos e cumprir máis” pero sí considera fundamental dar solución a problemas como “o da falta de aparcamentos, o dos taxas do lixo, ó mal estado das rúas, a falta de accesos nas parroquias ou a necesidade dunha ambulancia medicalizada”.
Compromiso agarda obter representación no pleno municipal
Esther Iglesias Barreiro agarda obter representación pero aclara que “Compromiso non é a chave de ningúen” e reivindica que foron os veciños os que a elixiron como candidata:”Somos o partido que necesita Carballo. A min elixíronme os veciños que participaron nunhas primarias”.
A candidata de Compromiso por Galicia agarda que a campaña electoral, que será “porta a porta” sirva para difundir a súa mensaxe e aumentar en apoios porque “estamos dándonos a coñecer”. Iglesias Barreiro é tamén a coordinadora de Compromiso na bisbarra de Bergantiños, que nesta ocasión presenta candidaturas en Carballo e Coristanco, encabezadas por súas mulleres, Esther Iglesias e Manolo Rodríguez Pereiro.