12.1 C
Santa Comba
viernes, abril 5, 2024

Nico Martínez:»Estamos tendo un recibimento moi bo»

O candidato do Partido Popular a alcaldía de Mazaricos, Nico Martínez, destacou no programa “Na Encrucillada” a boa receptividade que está encontrando na xente.

«Houbo un cambio moi grande dun mes para aquí»

O vindeiro venres, 24 de abril, a casa da cultura da Picota acollerá o acto de presentación da candidatura do Partido Popular, liderada por Nico Martínez, exlíder independente que substitúe a José Manuel Santos Maneiro.Despois dunha entrada no partido con polémica, Martínez Almallo está moi contento de como evolucionaron as cousas e indica que houbo “un cambio moi grande desde hai un mes para aquí”. Ao líder popular parécelle “un pouco forte” a mensaxe do candidato do BNG, Juan Blanco que unha parte dos votante populares apoiarán a forza nacionalista.

«Cen ideas para mellorar Mazaricos»

“O día das eleccións cada un vai votar a quen quere. A xente do PP cústalle moito votar ao BNG e ao revés” sostivo Martínez. Sobre a candidatura que presentan afirmou que “Estou encantado coa xente que teño. Combinamos xuventude con experiencia e temos unha xente involucrada ao cen por cen”.

O PP de Mazaricos presentará un programa electoral “ambicioso e factible” que recolle “cen ideas para mellorar Mazaricos” e que inclúe un proxecto de innovación gandeira, ou medidas de aproveitamento do turismo mediante a ruta xacobea. Nico Martínez anuncia “unha campaña tranquila e sen meterme coa vida privada de ninguén. Eu vou expoñer o meu programa e xa xente dirá”.

Un posible debate en Radio Xallas

Na sintonía de “Na Encrucillada” trasladóuselle a proposta da asociación Xuventude de Coiro de organizar un debate entre os distintos candidatos ao través de Radio Xallas.

Martínez Almallo dixo que “un debate ten que ser entre catro porque hai que respectar a todos”. Comprometeuse a estudar a proposta “e temos que míralo ao longo da campaña” asegurando que “se hai consenso e o deciden os catro partidos nós tamén imos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos