3.8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Roque impulsa a súa nova maioría en Vimianzo

Terra Galega presentou a súa candidatura diante de centos de veciños que non se quereron perder a cita e onde o alcaldable Roque apostou pola creación de emprego no concello.

Catro centas persoas déronse cita na presentación da candidatura e na inauguración do local de Terra Galega. O partido estivo representado polo seu secretario xeral, Guillermo Sánchez Fojo, polo candidato de Coristanco, Amancio Lavandeira e pola concelleira carballesa, Estefanía Canosa.

O acto foi presentado por Naiara Alejandro, componente da candidatura. O secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo defendeu a vocación municipalista do partido que “non vai a imponer ningún tipo de pacto”.

“Estamos aquí, cerca dos veciños” asegurou Sánchez Fojo que valorou a experiencia do seu candidato en Vimianzo e aproveitou para reivindicar un maior protagonismo de Galicia no conxunto do estado:”Non somos menos cós vascos nin cós cataláns”.

Roque:»Creo que estou preparado para o reto de gobernar Vimianzo»

Poa súa parte, José Manuel Rodríguez insistiu en que o concello de Vimianzo necesita políticas activas de emprego para evitar que a xente teña que marchar do concello:”Nesta última lexislatura perdemos máis de trescentos habitantes”•

Na súa intervención o candidato José Manuel Rodríguez «Roque» afirmou que «se chego a alcaldía, vou renunciar ós privilexios que ten este alcalde tales como una secretaria personal, un abogado personal ou un coche oficial».

«Eu creo que estou preparado para o reto de gobernar Vimianzo, pola miña experiencia tanto no goberno como na oposición» engadiu Roque.

Candidatura Terra Galega Vimianzo

1-José Manuel Rodríguez Blanco- Baiñas.

2-Juan Carlos Seoane Vázquez-Vimianzo.

3-Olga Canosa Baña- Braño (Carantoña).

4-Naiara Alejandro Soneira-  Caxadas (Cambeda)

5-María Isabel Pose Cancela-Vimianzo

6-Pablo Muiño Ramos-Baiñas

7-Nancy Trillo Novo-Ogas-Cambeda

8-Estevo Carballo Valiña-Castrelo

9-Jesús Figueiras Pais- A Piroga- Bamiro

10-Lorena Pose García- Pazos-Tines

11-Jesús Castiñeira Suárez- Casas Novas- Serramo

12-Valentín Vázquez Soto «Kuin»-Pasarela

13-Mabel Insua López- As Cabazas-Baiñas

Suplentes

1- Manuel Vecino Valiña- Vimianzo

2- Manuel Pazos Rojo- Reboredo-Salto

3- Solemna Trillo Inchaurtieta- Castrelo

4- Fátima Santos Martínez- Cambeda

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos