18.7 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

O BNG presenta as súas bazas en Bergantiños

O BNG aspira a obter a maioría absoluta no concello de Carballo, a manter o deputado provincial polo partido xudicial de Carballo e a contar con representación nos distintos municipios de Bergantiños. Así o explicou o coordinador comarcal, Xoán Sande na presentación dos candidatos da bisbarra.

En Carballo aspiran a maioría absoluta

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero defendeu a xestión do seu executivo e “a boa situación económica” diante dunha oposición que “non teno moi clara a estratexia e magnifica todo como se fora negativo”, pero destacou a boa percepción, que segundo as enquisas de Sondaxe, teñen os veciños do goberno.

Pose pensa que é a alternativa ó continuísmo

O candidato en Laxe, Xosé Manuel Pose definiu os seus rivais José Manuel Mouzo(PSOE) e José Luís Pérez(PP) como candidatos continuistas e avanzou que o Partido Popular non gobernará co apoio do BNG porque “apoiaron tódolos recortes” que afectaron ao concello. Sobre posibles acordos co PSOE quedan supeditados a que se contrate unha auditoría externa “antes de sentarnos a falar”.

Laura Mariño destaca o protagonismo da xente

A candidata no concello de Coristanco, Laura Mariño Taibo dixo ter “boas perspectivas” a pesar “da guerra sucia do PP” con promesas laborais en plena precampaña. “A xente está collendo o papel de protagonista” afirmou Mariño. No concello de Ponteceso, Carlos Penedo recoñeceu “o traballo feito” polos seus antecesores e expresou a súa “vontade de gobernar”.

Políticas pesqueiras e un concello secuestrado

O alcaldable en Malpica, Paco Souto referiuse a crise do sector pesqueiro para agardar un castigo ao PP:”Senón lle pasa factura ao PP non sei que pode pasar”. Fernando “Meli” Souto denunciou que “Cabana é un concello secuestrado” liderado “por un alcalde-funcionario”. O seu reto é “conseguir que a xente deixe de marchar de Cabana”.

Xunto cos candidatos de Bergantiños, presentouse Rocío da Igrexa, candidata en Cerceda, que criticou as “malas artes” do rexedor Xosé García Liñares ¡que agora non ten o balón de osíxeno de ser presidente de federación galega de fútbol”.

Xoán Sande reivindicou o papel de auténtica oposición do BNG en A Laracha e pediu”unha oportunidade” para gobernar. Tamén advertiu da presentación de Terra Galega e dun posible partido independente “polo que as mares na Laracha poden vir pola dereita”.

Entrevista ao coordinador comarcal Xoán Sande

O vindeiro luns o coordinador comarcal do BNG en Bergantiños, Xoán Sande Muñiz participará no programa «Na Encrucillada» que se emite para a bisbarra de Bergantiños ao través de Fórmula Fun Bergantiños 91.9 FM e para Xallas e Costa da Morte vía Radio Xallas 107.5FM.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos