13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Compromiso preséntase como alternativa en Vimianzo

Compromiso por Galicia asegura que  presenta unha candidatura para ofrecer a alternativa ós partidos instalados na parálise de Vimianzo.

Compromiso por Galicia (CxG) dou a coñecer a súa candidatura ós comicios municipais no Concello de Vimianzo. Este pasado domingo tivo lugar unha xuntanza de traballo do equipo electoral e dos candidatos de Compromiso por Galicia en Vimianzo, e na que aparte de facer a “foto de familia” deseñouse a liña de traballo para campaña electoral, con distintas propostas que terán como bases fundamentais a transparencia e a creación de emprego, e que se darán a coñecer próximamente.

O candidato a alcaldía e secretario local, Javier Miñones Trillo avanzou que “se os vimianceses queren, Compromiso fará que esta sexa a lexislatura da transparencia. Queremos que as xuntas de goberno sexan públicas, que nos plenos poidan participar os veciños. Imos abrir as portas do concello para que entren os cidadáns. Queremos que todos coñezan o destino de cada euro que se xestiona no concello”.

CANDIDATURA CxG, VIMIANZO

1.- JAVIER MIÑONES TRILLO. (37 ANOS, SALTO, FONTANEIRO) 

2.- ISMAEL CERNADAS CASTRO. (26 ANOS, TINES, CANTEIRO)

3.- NOELIA SUÁREZ POSE. (25 ANOS, TINES, ENFERMEIRA)

4.- CRISTINA PÉREZ CASTIÑEIRA. (26 ANOS, TREOS, ADMINISTRATIVA)

5.- JULIO BLANCO BRAS. (62 ANOS, SALTO, PENSIONISTA)

6.- FAUSTINO CASTRO OLVEIRA. (25 ANOS, CARANTOÑA, ESTUDIANTE GRADO DE ENXEÑERÍA INFORMÁTICA).      

7.- MARÍA DEL CARMEN MURIAS MÉNDEZ. (57 ANOS, CARNÉS, COSTUREIRA)

8.- NURIA OLVEIRA MURIAS. (24 ANOS, CARANTOÑA, AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO,)

9.- ESTIVEN LEMA MIÑONES. (28 ANOS, SALTO, SUPERVISOR            ELECTROMECÁNICO DE MONTAXES EÓLICOS)

10.- DAVID LEMA NIETO. (24 ANOS, VIMIANZO, MECÁNICO)

11.- SORAYA MIÑONES RAMA. (25 ANOS, SALTO, TÉCNICO DE DESEÑO GRÁFICO)

12.- NELSON GAVÍN MARTÍNEZ. (23 ANOS, SALTO, PALISTA)

13.- FABIAN ESMORIS LLAMAS. (28 ANOS, TINES, SOLDADOR)

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos