7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

«O BNG non vai a mercadear cos votos dos ceenses»

Serxio Domínguez Louro é o candidato do BNG a alcaldía de Cee. Propón unha alternativa para que o concello de Cee recupere o liderado comarcal que segundo os nacionalista perdeu.

Din que despois do temporal chega a calma. En Cee, o Bloque pasou de ter un grupo forte con tres concelleiros a quedar sen representación. O grupo de Dani Oca aliouse nunha moción de censura co PP e os concelleiros acabaron fora da formación. Finalmente a dimisión da concelleira María Xosé Fandiño permitiu que o BNG volvera a ter un representante que foi Serxio Domínguez, e que é o coordinador comarcal.

E precisamente Domínguez será o aspirante a alcaldía. Afronta este novo reto “con moita ilusión e moitas ganas” e liderando un “equipo moi equilibrado e preparado”. Asegura que xa ten a candidatura ultimada.

O seu reto é cambiar a tendencia do concello de Cee, evitar o despoboamento e que “se vaian os mozos”. A súa alternativa baséase en converter ao porto de Brens “no motor da Costa da Morte” porque “aparte da propaganda do Partido Popular, os postos de traballo brillan pola súa ausencia”.

Tamén aposta polo saneamento da ría de Cee “para que volva a ser produtiva” e pola dinamización da zona vella da capital municipal que “está morta e na que hai que xerar actividade comercial”.Outro piar da súa proposta é evitar que “o polígono industrial siga baleiro” ou cunha soa empresa instalada que é “un supermercado ao que lle houbo que facer un acceso exprofesso”.

Serxio Domínguez pensa que Cee precisa dunha alternativa porque “foi perdendo o liderado que antes tiña”.O candidato nacionalista tamén asegura que o BNG é unha forza que garante que “non se vai a mercadear co voto da xente porque xa nunca o fixemos e as outras alternativas non van poder dicir o mesmo”.

“Os que quedamos no BNG demostramos que a nosa ética é intachable” engadiu Domínguez Louro.

Escoita a entrevista a Serxio Domínguez- Desde o minuto 23 do audio

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos