6.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O TSXG avala a xestión das obras da praza do mercado

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictamina que que non se incurriu en “infracción alguna da normativa urbanística que esixira a tramitación dun procedemento de reposición de dita legalidade”.

A sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de estimar o recurso de apelación interposto polo concello de Santa Comba contra a sentenza dictada polo Xulgado do Contencioso administrativo número 1 de A Coruña( en xullo de 2014), e polo que se inadmite un recurso presentado con anterioridade que solicitaba a reposición ao seu estado anterior da zona onde se ubicou a nova praza do mercado xalleiro.

O TSXG entende que non se incurriu en “infracción alguna da normativa urbanística que esixira a tramitación dun procedemento de reposición de dita legalidade”.

A alcaldesa expresa a súa vontade de escoitar ós veciños

Desde o concello de Santa Comba aseguran que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia “acredita que desde o goberno local as xestións se realizaron correctamente e polo tanto non haberá que alterar o actual estado da nova praza do mercado. A sentenza, contra a que non cabe recurso ordinario, deixa claro que o concello non vulnerou as normativas urbanísticas”.

E engaden que seguen “apostando polo diálogo como ven sendo habitual ao longo de toda a lexislatura” e a alcaldesa María Pose Rodríguez (PP) “quere trasladar súa disposición a seguir escoitando ós veciños neste e noutros asuntos de interese xeral”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos