6.7 C
Santa Comba
lunes, abril 1, 2024

O PSdeG camariñán apoia a Pichurri

Acusan ao PP de estar detrás “dunha estrataxema” e lembran que o alcalde poderá aínda aportar as probas “na defensa da súa honra”.

O Partido Socialista local expresou o seu respaldo ao alcalde de Camariñas, Manuel Alonso de León e da por feito que será o candidato as vindeiras eleccións, para que o pobo escolla.

Nun comunicado publicado na súa páxina web, os socialistas acusan ao Partido Popular de estar detrás dunha operación que ten como obxectivo facerse co poder. 

O PP non ten nin código nin ética 

Sobre as alusións dos populares ao código ético do PSOE manifestan que “o PP solo pode recorrer ao Código Ético do PSOE porque eles non teñen nin código nin ética” e indican que o anterior líder popular Daniel Rego “acumulou decenas de procesos xudiciais por vulneración dos dereitos dos traballadores”.

Desde o PSdeG de Camariñas lembran que “o alcalde de Camariñas, cando teña coñecemento formal do ditado pola autoridade xudicial, ten un período para recorrer e aportar as probas que considere oportunas na defensa da súa honra e do seu correcto proceder. Por exemplo: as múltiples sentenzas que, pola vía civil, lle deron sempre a razón no asunto do tanatorio”.Entenden que ademais Alonso de León “conta co apoio abrumador da cidadanía camariñana”.

Nesta nota publicada en Mais Camariñas, os dirixentes locais critican o posicionamento do PP:“Solo os inútiles e incompetentes, incapaces de acadar a confianza dos veciños e das veciñas nas urnas, recorren a estrataxemas como as deseñadas pola dirección provincial e local do Partido Popular: a denuncia como estrataxema. Sabémolo porque os damnificados na escabechina que é o PP camariñán, hoxe excluídos das listas, así nos lo transmitiron”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos