10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Pichurri volverá a presentarse aínda que haxa xuízo oral

O anuncio da apertura dun xuizo oral co alcalde socialista de Camariñas como imputado pon nun serio problema ao PSdeG, aínda que Manuel Valeriano Alonso asegura que que nin a xuiza nin o Partido Popular impedirán que se presente as vindeiras eleccións municipais.

O xulgado de instrucción número un de Corcubión decidiu abrir o xuizo oral contra alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León (PSOE) que terá que declarar como imputado nun presunto delito de prevaricación, no caso do tanatorio municipal. Esta información foi desvelada este sábado polo xornal dixital Diario Camariñan.

Esta apertura do xuizo oral pon nun serio apreto aos dirixentes socialistas, que segundo o código ético do partido e as reiteradas manifestacións do secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramon Gómez Besteiro non queren nas súas listas a persoas neste tipo de procesos xudiciais.

O Partido Socialista aínda non opinou ao respecto, pero segundo o xornal “El Progreso” os que si pediron a dimisión do alcalde son os populares de Camariñas que pensan que se está ante unha situación “moi grave” e piden ao PSOE que sexa coherente co seu código ético

.

Pero o alcalde Manuel Alonso “Pichurri” xa lanzou un aviso para navegantes. Pensa presentarse as eleccións municipais e asegura que “nin a xuiza nin o PP de Camariñas” van a impedir que se presente. “Como alcalde estou para resolver os problemas de Camariñas” afirmou o alcalde socialista nunhas declaracións recollidas no mesmo sábado pola edición dixital de “El Progreso”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos