10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

O PP ofrece un cambio ante a «ruleta rusa» do PSOE

Mauro Aufiero Vigo confía no cambio político en Camariñas. Pensa hai que superar o clima de enfrontamento despois de máis de trinta anos de goberno socialista.

Xosé Manuel Lema

O candidato do Partido Popular de Camariñas traballa para que a “a xente nos valore como alternativa a un goberno socialista de trinta anos”, e observa “ganas dun cambio” que contempla como unha “opción viable”.

As imputación de Pichurri un “tema tabú no PSOE”

Mauro Aufiero asegura que a xente está preocupada polas imputacións que afectan ao alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León, e aínda que terá que resolver a xustiza, ten a impresión de cómo “se estivera prohibido falar das imputacións do alcalde”.

“Eu estaría tentando demostrar a miña inocencia, pero aquí todo o contrario. Este é un tema tabú no PSOE” manifestou o líder do PP camariñán, ao tempo que se pregunta se a xente vai xogar a “ruleta rusa” de votar a un alcalde que podería ser condenado.

Unha candidatura “case totalmente renovada”

En declaracións ao programa “Na Encrucillada”, Mauro Aufiero confirmou que a lista do PP será “case totalmente nova” e informou o desexo dos actuais concelleiros populares de deixar a actividade política:”Os concelleiros que temos a día de hoxe van a abandonar a política activa na primeira liña, pero esperamos contar coa súa experiencia”.

Outro dos temas que comentou o candidato do PP na sintonía de Fórmula Fun e Radio Xallas foi a problemática das baterías de Cabo Vilán:”Estrañoume que o alcalde despois de mentirnos un par de veces, recorrera ao Plan Xeral. Tiña que dicir claramente que estaba en contra das baterías”

Disputadas fomentadas desde o concello

Aufiero Vigo agarda que o pobo aposte polo PP para facer “de Camariñas un concello mais atractivo” e pensa que “se poden facer mellor as cousas e dar un cambio grande a este concello”.

Unn dos aspectos que pretende mellorar é a convivencia e superar “o ambiente enrarecido” que hai porque “está asentada unha disputada entre PSOE e PP fomentada desde o concello, que lle ven de marabilla ese enfrontamento, pero todos somos veciños”.

O PP celebra o vindeiro sábado unha cea baile no Restaurante O ´Ariño de Xaviña, e segundo confirmou Aufiero xa conta “co aforo totalmente ocupado”.

Escucha la entrevista con Mauro Aufiero (Desde el minuto 24 del audio)

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos