16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Manuel Fandiño pensa que a opción de Muxía está no PP

O candidato do Partido Popular a alcaldía de Muxía márcase como obxetivo recuperar o electorado que votou en anteriores eleccions municipais ao Partido Popular.

Manuel Fandiño está convencido que “a opción está no Partido Popular” e pensa que “despois de oito anos onde non houbo investimentos e todo se vai en gasto corrente” hai que facer un esforzo “por cambiar as cousas no goberno local”.

O candidato popular ten “a ilusión de volver a mobilizar ese electorado que tivo o PP e co que lle dou un cambio total ao concello de Muxía”. Para Manuel Fandiño é fundamental “buscar financiamento e loitar nas administración para que haxa investimentos en Muxía”.

Lamenta as deficiencias na rede viaria municipal, a falta de servizos e, por exemplo o mal estado do campo de fútbol de Arliña “que necesita un arranxo e céspede artifical”. O candidato pensa que “así imos por un camiño totalmente equivocado onde o señor alcalde (Félix Porto) está mantendo as infraestruturas que encontrou cando o PP deixou o poder”.

Outro dos asuntos que preocupa no Partido Popular de Muxía é o Plan Xeral.”O alcalde rexeitou e mobilizou a xente contra o Plan Xeral do PP porque dicía que era nefasto. E oito anos mais tarde saca o mesmo plan pero con recurtes e restándolle capacidade para medrar a Muxía”.Para Fandiño o alcalde socialista Féxlix Porto “enganou a medio pobo”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos