7.8 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

«Gobernarei para os veciños sen pactar con ninguén»

Juan Blanco Riveiro amósase optimista en converterse no alcalde de Mazaricos e pensa que a situación do PP “permitiunos acercarnos a tódolos veciños”.

O candidato do BNG en Mazaricos pensa que hai que tomar medidas urxentes no concello porque “senón lle damos un cambio a situación, o concello de Mazaricos pode chegar a desaparecer”.

“Somos veciños que vivimos neste concello”

Juan Blanco afirma que hai que realizar un plan estratéxico para evitar a perda de habitantes, axudar os produtores de leite, a xuventude e tamén as empresas.

Nunha entrevista ao programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas(107.5FM) e Fórmula Fun Bergantiños(91.9FM), asegurou que o seu proxecto vai máis ala das propias siglas do BNG:“Somos veciños que temos a nosa vida no concello e queremos participar de forma activa nas decisións”.

“Preocúpame que os meus fillos non teñan unha pediatra ou que non haxa un plan para axudar a que a xuventude non teña que marchar” indicou Blanco Riveiro que propón a redución do soldo do alcalde e eliminar a adicación exclusiva da actual tenencia de alcaldía e , por exemplo, destinar eses fondos a apoiar aos autónomos. Tamén aposta por crear un viveiro de empresas nas “instalacións que temos baleiras no concello”.

“Hai cousas que se prometeron e non se cumpriron”

Lembrou que “hai cousas que se prometeron e nin se cumpriron. Seguimos sen un polígono industrial desde fai vinte anos. Nós imos intentar que se faga”.

Juan Blanco quixo deixar claro que non vai entrar no xogo dos pactos:“Eu veño para gobernar para Mazaricos.O noso programa estase deseñando cos veciños, e non imos a sacrificar ese programa, nin romper a nosa palabra.Non vou pactar con ninguén e gobernarei para os veciños.Aínda que sexa en minoría”.

Pensa que é fundamental buscar o desenvolvemento turístico,manter xuntanzas periódicas cos veciños e publicar en internet os gastos do concello.

 

Hai xente defraudada coa postura de Nico Martínez

O líder do BNG mazaricán está convencido de  que a situación do Partido Popular esta clarificando o seu camiño cara a alcaldía que lles “permitiu acercarnos a todo o mundo”.

Pensa que “non é digno” o que pasou co nomeamento do líder do PIMAZ, Nico Martínez Almallo para ser nomeado candidato do PP:” É como se mañá Rajoy anuncia que o candidato do  PP vai ser  Pablo Iglesias e os votantes do PP e de Podemos infórmanse polo periódico”.

Sobre Martínez Almallo engadiu:” Fai catro anos o cabeza do PIMAZ estableceu uns obxectivos e convenceu a unha serie de xente que agora se sente defraudada.Na política non vale todo”.

Blanco indicou que “os nosos obxectivos persoais non poden estar por riba do dos veciños” e ten claro que o líder do PIMAZ tiña como obxectivo chegar como fora a ser candidato do PP.

Sobre a posibilidade que se estableceu de artellar unha alternativa conxunta ao PP, Blanco dixo que xurdira das persoas que agora conforman Compromiso:”Nós non tíñamos inconveniente en sentarnos a falar. A condición que puxemos é que non podía estar o excandidato do Bloque, Xan Ramos”.

Escoita a entrevista de Juan Blanco- Desde o minuto 56 deste audio

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos