5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

O BNG denuncia as «comidas» do alcalde de Coristanco

O Bloque Nacionalista Galego considera “un auténtico escándalo” que o concello de Coristanco, teña que aboar as facturas do alcalde, Antonio Pensado.

A voceiro municipal do BNG de Coristanco, Laura Mariño Tasende anunciou que vai a presentar unha moción para que o alcalde explique as facturas presentadas en concepto de comidas súas, e que en aproximadamente dous meses, suman a cantidade de 900 euros.

Os nacionalistas van pedir tamén que o rexedor devolva eses importes as arcas municipais e “que sexa o alcalde o que aboe as facturas do seu peto”, porque consideran “dificílmente xustificable que o concello teña que asumir” eses importes.Ademáis informan que tódalas facturas oscilan entre os 70 e os 100 euros, e proceden dun mesmo establecemento hosteleiro da capital municipal.

Piden ao alcalde que desminta os rumores

O BNG de Coristanco pídelle ao alcalde , Antonio Pensado Plágaro(PP), que desminta uns rumores que supostamente circulan polo concello e que segundo os nacionalistas “apuntan a que estas comidas nunca se produciron, senón que se trata dunha fórmula pactada para silenciar posibles novas denuncias en materia urbanística”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos