16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Evencio Ferrero:»Podemos equivocarnos pero somos honrados»

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, afronta os últimos meses de lexislatura coa ilusión de que os veciños “valoren a nosa capacidade de xestión” fronte ó “escaso por non dicir nulo traballo da oposición”.

Xosé Manuel Lema @xmlema

“Carballo medrou, vaise convertendo nun bo lugar para vivir e esa e a nosa reflexión serena” apuntábame Evencio Ferrero na conversa que mantíñamos no programa “Na Encrucillada” e que se pode escoitar neste mesmo artigo.

Un goberno que xestiona e unha oposición que non traballa

Defende con orgullo a súa xestión porque “Nos peores momentos da crise fomos capaces de abrir unha escola infantil, un centro de día e unha nova biblioteca”. As expectativas electorais do BNG son boas, e o rexedor está convencido de que “aínda que podemos equivocarnos e temos que recoñecer erros, a xente venos como un goberno honrado”.

En contraposición ao seu balanzo, fai mención ó traballo “escaso por non dicir nulo da oposición” que na capital de Bergantiños está conformada por Partido Popular, Terra Galega e PSOE.

Expresa as súas discrepancias coas críticas do PP, que suspende a súa xestión de doce anos por ineficaz. Pensa que o grupo que lidera Miguel Ferreiro “fai unha crítica que non se corresponde coa realidade e está descontextualizada”.

Escoita a entrevista de Evencio Ferrero (Desde o minuto 33 do audio)

Evencio fala da «escasísima acollida» dos movementos alternativos

“As do PP son visión catastrofistas, negativistas e ata nihilistas” afirma Ferrero. Sobre estes meses previos as eleccións comenta que “son os máis convulsos” pero confía no apoio da xente:

“Sempre aparecen novas persoas que fan ruído para gañar espazo mediático pero o traballo faise en catro anos non en catro meses”. Tampouco lle preocupan as alternativas pola esquerda ou as chamadas mareas cidadás que “En Carballo escasísima acollida”.

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos