8.6 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

Andrade critica a demagoxia do BNG carballés

O portavoz municipal de Terra Galega pensa que o goberno de Evencio Ferrero destaca pola “demagoxia” e por burlarse dos grupos da oposición.

A Manuel Andrade non lle gustaron as reflexións de Evencio Ferrero no programa “Na Encrucillada” e nos mesmos micrófonos rebateu as declaracións nas que o primeiro edil carballés reprochaba que o traballo da oposición fora “escaso”.

Andrade: ”Fan moi ben a demagoxia pero Carballo está mal”

“Desvirtúan as nosas mocións, non fan nada, e tratan de eclipsar a oposición e niso tivo o amparo do Partido Socialista” queixouse Andrade lembrando distintas propostas que o seu grupo estableceu porque “eu mesmo ofrecinme a colaborar para facer xestións”.

“Grazas a Terra Galega Evencio é o alcalde de Carballo” engadiu o veterano político centrista, acusando ao goberno do BNG de falta de respecto e de burlarse da oposición. ”Fan moi ben a demagoxia pero Carballo está mal” engadiu.

Escoita a entrevista de Manuel Andrade en Fórmula Fun- (Desde o minuto 21 do audio)

¿Onde está o pacto de Vilar de Francos?

Para Terra Galega “o goberno faise un lugar idílico para vivir pero cando non haxa traballo será un lugar negro”. Andrade Cristóbal reivindicou o seu plan de emprego e alertou de que a falta de aparcamento pode matar ao comercio local da capital de Bergantiños.

¿Onde está o pacto de Vilar de Francos? Preguntouse Andrade na sintonía de Fórmula Fun Bergantiños(91.9FM) e Radio Xallas(107.5FM). Pensa que esta lexislatura que entra na recta final caracterizouse “por un fracaso do diálogo porque o alcalde esqueceuse de que non ten maioría absoluta e usan o ordeno e mando”.

“Aquí hai que empezar a gobernar” dixo Manuel Andrade, que apostou pola oferta de Terra Galega e “unha forma coherente de facer política, lonxe da demagoxia”. O líder de Tega volveu a poñerse a carón dos veciños que constituíron unha plataforma pola problemática do pago dos recibos do lixo:”É algo insólito que se pretenda cobrar o lixo a quen non o produce”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos