9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Pérez Añón:»O meu obxetivo é a maioría absoluta»

José Luís Pérez Añón, é o candidato do PP a alcaldía de Laxe. Afronta esta etapa con “dedicación, ilusión e esforzo” pensa que a unión dos independentes e populares ten que facilitar o éxito o vindeiro 25 de maio.

Escoita a entrevista aquí desde o minuto 22 do audio

José Luís Pérez Añón, é o candidato do PP a alcaldía de Laxe. Afronta esta etapa con “dedicación, ilusión e esforzo” pensa que a unión dos independentes e populares ten que facilitar o éxito o vindeiro 25 de maio.

“Temos que demostrar que a nosa opción é a mellor”

O candidato a alcaldía de Laxe polo Partido Popular, José Luís Pérez Añón está convencido de obter uns excelentes resultados o vindeiro 25 de maio e asegura que “o meu obxectivo é conseguir a maioría absoluta” e toda a opción pasa “por ganar as eleccións senón sería unha derrota”.

Máis que de fichaxe ou de regreso ao PP, Pérez Añón prefire falar dun proxecto conxunto, coa integración dos Independentes por Laxe no Partido Popular. E coa suma destas dúas forzas pensa que van a vencer. “Temos que demostrarlle a xente que a nosa opción é a mellor de todas” sinala Añón.

O dragado do peirao, a actuación prioritaria

Sobre as necesidades do pobo, “Sugui” (como se lle coñece popularmente a este xalleiro afincando desde fai dúas décadas na vila mariñeira de Laxe) pensa que “o primeiro que hai que conseguir é o dragado do peirao, porque é necesario e aquí correuse moito perigo”. Tamén se refire ao centro de día e a unha gardería.

Se é alcalde, José Luís Pérez promete ser “esixente” coas administracións do PP e lamenta que baixo o mandato do socialistas Antón Carracedo Sacedón, “puidéronse facer máis cousas porque moitas non se fixeron”. Entende o novo líder do PP que a xente “quere un cambio” .

Augura que ao futuro goberno do concello de Laxe quédalle por diante “unha labor dura” para xestionar a feble situación económica municipal e é partidario de “buscar mecanismos de aforro” incidindo en temas como os soldos dos cargos políticos ou a electricidade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos