21 C
Santa Comba
jueves, noviembre 7, 2024

Compromiso aposta por dúas mulleres como candidatas en Coristanco e Carballo

Manoli Rodríguez aspirará a alcaldía de Coristanco, logo de ser elixida nas primarias abertas a cidadanía celebradas este sábado.

Compromiso por Galicia contará con dúas mulleres como cabezas de cartel nos concellos coruñeses de Coristanco e Carballo, despois das primarias abertas a cidadanía celebradas este sábado en Coristanco e nas que se elixiu a Manoli Rodríguez Pereiro como aspirante a alcaldía.

Despois de ser respaldada polo 100% dos votantes, e nunha intervención pública, Rodríguez Pereiro apostou por “unha política de proximidade, priorizando a transparencia no concello, o mantemento dos servizos sociais e a creación de emprego”. Nas primarias celebradas en Coristanco estiveron presentes Paulo Carlos López e Ángel Tallón, da executiva nacional de Compromiso por Galicia.

A semana anterior, e mediante o mesmo sistema de primarias, elixíuse a Esther Iglesias Barreiro como candidata no concello de Carballo, sendo a primeira muller na historia democrática da capital de Bergantiños que lidera unha candidatura. A vindeira semana terán lugar as primarias no concello de Vimianzo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos