A proposta da asociación Camiño dos Faros que busca a homologación coma un Sendeiro de Gran Recorrido da ruta costeira que se ven realizando por distintos concellos da Costa da Morte está recibindo o apoio de diferentes entidades.
Os nove concellos por onde transcorre “O camiño dos faros” xa expresaron o seu apoio. Son os concellos de Malpica, Laxe, Ponteceso, Cabana, Camariñas, Vimianzo, Muxía, Cee e Fisterra.
Tamén a Clúster Turismo de Galicia, a Federación galega de turismo rural e a asociación de profesionais do turismo da Costa da Morte(APTCM). A proposta conta ademáis coa aprobación dunha ducia de colectivos veciñais, culturais e ecoloxistas da bisbarra, e moitas persoas que participaron na iniciativa Camiños dos Faros- Traski Costa da Morte e que desde 2012 percorren este roteiro polo litoral entre Malpica e Fisterra.
Agora pretenden presentar o proxecto a Deputación coruñesa co obxetivo de que se conquira o recoñecemento de “Sendeiro de Gran Percorrido”, o que garantiría a promoción e a supervivencia deste traxecto e tamén sería unha importante atracción para a zona.