14.8 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 6, 2024

Compromiso inicia a súa singladura en Vimianzo

O concello de Vimianzo conta desde este 29 de decembro cunha nova formación política. Un grupo de militantes constituiu a primeira agrupación de Compromiso por Galicia na bisbarra da Costa da Morte.

Cristóbal Mourín

A xuntanza estivo presidida polo secretario xeral do partido, Xoán Bascuas e polo secretario de organización, Manoel Vello, que deron a benvida a esta nova agrupación.

Logo tivo lugar a elección do secretario local, posto que recae en Javier Miñones Trillo. Estará acompañado na executiva de CxG por Ismael Cernadas Castro, Laura Figueiras Trillo, Faustino Castro Olveira, Julio Blanco Bras e Fátima Rama Varela. A agrupación decidiu celebrar “unhas eleccións primarias abertas a cidadanía” para elixir o seu candidato a alcaldía o vindeiro 17 de xaneiro.

Javier Miñones agradeceu o apoio do partido e dos militantes e amosouse “ilusionado por poder traballar para poder cambiar as cousas no concello de Vimianzo”.

Xoán Bascuas fala para Fórmula Fun e Adiante Galicia

O director de Adiante Galicia, e xefe de informativos de Fórmula Fun Galicia Xosé Manuel Lema recolleu en exclusiva as primeiras declaracións do secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas ao remate de xuntanza, e que foron emitidas nos informativos de Fórmula Fun que dirixe Adrián Varela.

Bascuas amosou a súa satisfacción porque esta é “a primeira agrupación en toda a Costa da Morte. A primeira pinga que se vai a propagar coma o aceite e que nos permitirá ter presenza en máis localidades da comarca”.O líder de Compromiso por Galicia definiu a Javier Miñones como “unha persoa implicada en Vimianzo e comprometida co noso país” coa que houbo “unha empatía e identificación coa proposta de Compromiso por Galicia”.

Xoán Bascuas insistiu na “proposta política novedosa” que ofrece CxG “cun procedemento innovador onde a cidadanía participa” como son as primarias. Sobre o papel de Compromiso nun concello tan aberto políticamente como Vimianzo outorgou a súa confianza nos novos dirixentes locais:” Non importa cómo o poda ver o alcalde ou a oposición nos imos estar coa veciñanza”.

Así se dou a exclusiva en Fórmula Fun (Gravación)

Frecuencias de Fórmula Fun- Xallas-Costa da Morte 107.5 FM- A Coruña 88.2 -Ferrolterra 90.3- Bergantiños 91.9FM

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos