EXCLUSIVA-O empresario Javier Miñones Trillo é o novo secretario local da agrupación de Compromiso por Galicia que se acaba de constituir no concello de Vimianzo.
Segundo pode adiantar Adiante Galicia, o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas e o de organización, Manoel Vello participaron este luns 29 de decembro en Vimianzo na xuntanza constitutiva da agrupación soneirana.
Acompañan a Miñones Trillo nesta primeira executiva de CxG uns cinco dircetivos.