14.2 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Os pronósticos electorais de Xan García

O secretario xeral de Converxencia Galega, Xan García Pouso ofreceu as súas sensacións electorais nos distintos concellos de Xallas, Bergantiños, Soneira, Fisterra, e Carnota e Muros.

Xan García aceptou o reto que lle plantexaron no programa “Na Encrucillada” de Fórmula Fun Bergantiños(91.9FM) e Radio Xallas(107.5FM). E fixo unha previsión electoral concello a concello. García deixou claro que son pronósticos a día de hoxe e que hai moitas variables por despexar pero sen dúbida que aporta liñas importantes, desde o punto de vista deste veterano dirixente político que foi concelleiro en Vimianzo e Fisterra e secretario da entidade comarcal Neria durante dúas décadas.

Terra de Soneira

Zas:”Maioría absoluta para Manuel Muiño”

En Zas gana o BNG, porque Manuel Muiño fixo unha política moi intelixente indo de vítima porque a xente non tragaba a Pedro Osende(PP). Penso que o Bloque arrasa senón se confía.

Camariñas:”Maioría absoluta para Pichurri”

En Camariñas arrasa Pichurri (PSOE). O actual candidato do PP, (Mauro Aufiero) é unha boa persona, seria, rigurosa e sería un bo alcalde. Pero Pichurri é un animal político e Mauro non está bregado e ten un sector do partido en contra. Iso que a vella garda do PSOE de Camariñas non está co alcalde pero se ven perigar o poder mobilízanse polo partido.

Vimianzo:”Antelo Pazos, o máis votado”

A lista máis votada vai ser a de Manuel Antelo (BNG). Vai quitar cinco concelleiros seguro. Pero o resto e moi difícil porque non coñecemos ó candidato do PSOE, nin o PP que parece ser que é “un mirlo branco”. E tampouco sabemos se se presenta IxV e Converxencia Galega. Pero ganará o Bloque. O PP pensa que vai ser o mais votado pero creo que é unha estratexia equivocada.

Terra de Xallas

Santa Comba:”Baixa o PP. Coidado con Ucha”

O PP non vai a manter os votos que ten. Vexo un PP dividido e débil ainda que estamos nun concello conservador. Coidado con Ucha e con Terra Galega se é que cambia de candidato.Auguro un goberno de coalición cun PP débil.

Mazaricos:”Se se implica gana Santos Maneiro”

Está claro que se se implica ganará Santos Maneiro pero terá que fiar fino dependendo de quen teña en frente. E creo que os independentes (PIMAZ) baixarán se volven a presentarse.

Bergantiños

Carballo-“Gana Evencio e sube o PP”

As eleccións penso que as gana Evencio pero non creo que quite maioría absoluta. O PP ten un bo candidato (Miguel Ferreiro) pero non sei se chegou no momento oportuno. O PSOE manterá o seu concelleiro e Terra Galega baixará en beneficio do PP que terá unha lixeira subida.

 

A Laracha- “Maioría absoluta do PP”

López Varela sacará unha maioría absoluta aínda que podería baixar algo dependendo de quén presente o Bloque.

Coristanco: “Antonio Pensado perde a maioría”

Penso que o líder de Terra Galega (Amancio Lavandeira), é unha persona honesta e traballadora e que soubo lidera a oposición. Estou convencido de que o PP vai a perder a maioría absoluta. Hai sectores vinculados ao PP que queren cargarse ao actual alcalde e que poderían quedar na casa o apoiar a Terra Galega.

Malpica:”Maioría absoluta para Eduardo Parga”

Estou convencido que vai a sacar maioría absoluta o actual alcalde. Eduardo Parga e un señor serio, formal, traballador e un bo xestor.

Laxe: “Maioría de esquerda PSOE-BNG”

Non sabemos cales son os candidatos pero pola propia estrutura penso que o PSOE vai a ser a lista máis votada aínda que o PSOE está dividido. Haberá unha maioría de esquerdas PSOE-BNG.

Ponteceso- “Fondo pode manterse con desgaste”

Gana o actual alcalde e creo que vai manter a maioría aínda que está sufrindo desgaste. Podería perder a maioría absoluta por moi pouco pero penso que a conserva.

Cabana- Arrasa Muiño senón xurde unha nova alternativa

Agora mesmo está claro que gana o PP con Muiño a fronte. Pero se xurde un grupo de independentes ou mesmo de Converxencia Galega, con empresarios ou cun grupo de xóvenes coidado que poderían quitar tres concelleiros. A día de hoxe arrasaría Muiño que fixo unha boa laboura, aínda que hai enfrontamentos no PP.

Comarca de Fisterra

Dumbría: Pequeño ainda sube máis

De once concelleiros, José Manuel Pequeño (PSOE) terá dez e o PP un.

Cee: Ramón Vigo gana e Converxencia será a sorpresa.

Penso que o candidato máis votado será Ramón Vigo (IXSC) pero vai a baixar. O PSOE ten base social pero está dividido en tres grupos. E moi difícil. Converxencia Galega pode ser a sorpresa en Cee e distorsionar o resultado histórico electoral. O goberno de Cee é un mal goberno e a alcaldesa non vai a ter máis concelleiros.

 

Muxía- Félix Porto aumenta o seu dominio

Vai arrasar Félix Porto(PSOE) aumentando a súa representación, baixando o PP e incluso o BNG podería perder a súa acta.

Corcubión- “Pode quedar todo igual”

E posible que se repitan as cousas. Se se presenta Chisco (PSOE) será o máis votado. Ao mellor o Partido Autónomo podería sacar un concelleiro, dependendo quén se presente polos outros partidos.

Fisterra- Traba perde a maioría absoluta

O PP e o alcalde están moi tocados e divididos pero José (Traba) é unha persona afortunada porque ten unha oposición débil. Está todo moi aberto. E tamén se se presenta Converxencia Galega pode sacar un ou dous e trastocar todo. En Fisterra se o PP está unido é invencible. Pero está nos peores momentos da súa historia. Neste momentos dudo que José Traba sexa capaz de unificar o PP en Fisterra. Penso que vai perder a maioría absoluta.

Carnota e Muros

Carnota- Victoria de Noceda 

Dame a sensación que o PSOE vai perder un concelleiro en favor do BNG que vai a ser a lista máis votada. 

Muros-Gana o PSOE 

 Vai ganar a actual alcaldesa do PSOE, pero coidado co PP e con Inés Monteagudo que pensó que vai subir. A clave está no voto do BNG e no de Compromiso por Galicia.

Escoita a entrevista con Xan García (desde o principio)

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos