2.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Evencio Ferrero:»Volvería a suspender o pleno»

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero declarou no programa “Na Encrucillada” de Fórmula Fun Bergantiños (91.9FM) que volverá a suspender o pleno se se repiten os feitos porque “non se pode convertir o pleno nun manifestódromo” e as sesións “non son para interrumpir dunha maneira ostentosa”.

En relación as críticas de veciños e oposición de que tomou unha decisión precipitada, Ferrero insitiu en que os veciños “situáronse fora dos cauces legais de comportamento nun pleno” e dixo que “o de onte é algo que nunca se viu nin parecido no salón de plenos».

Sobre os reproches sobre unha suposta falta de vontade negociadora do goberno do BNG, o rexedor foi taxante: “Ningún veciño pediu unha entrevista conmigo para falar sobre este asunto”. Se ben matizou que agora mesmo as propostas que pretenden trasladar os grupos políticos son “extemporáneas” e “agora mesmo non hai posibilidade de negociación ningunha”.

Ferrero Rodríguez afirmou que “en ningunha institución se permite nin cartelería nin manifestacións” e lembrou que os veciños poden canalizar as súas inquedanzas a traverso do réxime de participación cidadana.En relación co seu abandono, insistiu en que era a única saída porque “non se quixo utilizar a forza para desaloxar aos veciños” que segundo o alcalde “foron convocados por alguén con carteis en comercios e buzoneo en vivendas”.

“Non se pretendía resolver unha situación senón manifestarse no salón de plenos” apuntou o primeiro edil carballés no programa “Na Encrucillada”.Como o fixera en datas recentes no mesmo programa, Evencio Ferrero sinalou que “o servizo de lixo e altamente deficitario” e en alusión os propietarios que non queren pagar polas vivendas desocupadas deixou unha reflexión: “Se uns deixan de pagar haberá que repercutir o coste nos que xa están pagando e perxudicariase a gran maioria da poboación carballesa”.

Escoita o especial informativo emitido en Fórmula Fun.- desde o minuto 15 aproximadamente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos